Como primeiro exemplo de composición con Bar celta temos este nome Barcala no que Barr é cima, como vimos no punto anterior e cala é: 1. Cowl, hood. 2. (pl.) Wrappings, finery. É dicir, capucha ou campá. En resumo, Barcala é unha cima que lembra unha campá ou capucha. A wikipedia dí
O topónimo galego Barcala pode facer referencia a:
- O río Barcala que atravesa e da nome á comarca da Barcala, formada polos concellos da Baña e Negreira;
- Barcala, parroquia do concello da Baña;
- San Cibrán de Barcala, parroquia do concello da Baña;
- Barcala, parroquia do concello da Estrada;
- San Miguel de Barcala, parroquia do concello da Estrada;
- A Barcala, lugar da parroquia de Cambre no concello de Cambre;
- A Barcala, lugar da parroquia do Temple no concello de Cambre;
- A Barcala, lugar da parroquia de San Pedro de Nós no concello de Oleiros.
Habería que visitar unha desa zonas para fotografar ese tipo de cimas. Google non o fixo...
Marga Pazos Barcala é unha presentadora da TVG, temos polo tanto Barcala como apelido.
- Log in to post comments