Río Mandeo

Submitted by admin on Tue, 11/27/2018 - 22:17

Di a wikipedia que o río Mandeo nace no Marco das Pías na vertente occidental do Alto dos Moscós, a uns 700 metros de altitude e preto do lugar do Mandeo. Atravesa os concellos de Sobrado, Curtis, Aranga, Irixoa, Coirós, Paderne e Betanzos. Forma a ría de Betanzos xunto co río Mendo.

Cal pode ser a tradución? Pois Man era home e deo sempre. Unha primeira tradución pode ser esta: río no que sempre hai homes, onde sempre hai zonas habitadas ou con moitas zonas habitadas no seu camiño.