O nome de Fisterra en celta era visión do mundo ou visión da Terra. Hai un problema de mentalidade asociado. Para un romano era natural chamalo Finis Terrae pois tiñan unha visión reducida do mundo. Fóra do Mediterráneo, do Mare Nostrum, os mares eran moi problemáticos e exemplo disto e que nin siquera se atrevían a cruzar o río Limia:
"a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto até a marxe esquerda do río Limia.
O denominación da festa, “Esquecemento”, débese a que as tropas romanas, por mor do singular lugar en que debían cruzar o río Limia, creron acharse perante o lendario río Lethes, o río do Esquecemento, que facía esmorecer todas as lembranzas de quen o atravesase. Ante esta crenza e dificultade, Décimo Xuño Bruto, para que as lexións continuasen avanzando, viuse obrigado a cruzar o río empuñando o estandarte das aguias de Roma e a chamar polo seu nome a cada soldado desde a outra marxe para demostrar que a súa crenza era mera superstición."
Os romanos crían nas fronteiras, nos límites, case tanto como cremos hoxendia nas fronteiras entre nacións. Hoxe, para nós, ten sentido finisterra porque practicamente ningún de nós vai cruzar o Atlántico (a non ser por avión). Pero os galegos de hai 2000 anos e moito antes si ian a Inglaterra, Escocia e Irlanda. Si ian as Canarias. Porque o sabemos? Porque todas esas zonas están cheas de petroglifos galegos.
A versión oficial é que, de pronto, xentes de Galicia, Escocia, Irlanda e Inglaterra e outros lugares reciben unha inspiración que lles fai debuxar os mesmos petroglifos xeométricos en todos eses países. Como conto en " Os labirintos galegos". Exactamente iguais. Son indistinguibles entre si. Incluso nalgún momento explican que porque "fumaban" o mesmo tipo de droga que lles facia ver a mesmas imaxes.
O máis fácil, sen embargo, é supoñer que fumos alí cunha febre evanxelizadora de petroglifos ou buscando algunha outra cousa. Fumos nós os que fumos directamente a eses países. Hoxe ademais sabemos que teñen a mesma xenética. Non o entendemos moi ben. Se ir as illas Cíes é complicado para nós, que dicir de ir a Tara, Northumberland, Escocia, etc, en barquiñas de coiro. Un feito é claro: ir fumos ata alí, porque os habitantes actuais desas zonas son os nosos curmáns.
Na nosa mentalidade non caben esas viaxes, pero como o explica o Dr Bradley, do Trinity College, os mares son autopistas, camiños que facilitan a viaxe e non todo o contrario (cantas veces máis rápido é unha viaxe por mar que por terra?). Para un romano ou para un galego actual, non. Vemos no mar, no óceano Atlántico, un límite fortísimo.
Agora vén a pregunta, cantos finisterre teñen que describir os polinesios (entendendo por finisterre, por exemplo, estar a máis de 1000 millas doutra terra) nas súas illas? Pois seguramente millóns. E fixeron caso desa idea os polinesios? Pois nin caso. No mar vían a posibilidade de chegar a novas terras e así seguiron durante moitas xeracións ata chegar a conquistar todas as terras. Non tiñan idea de limitación, senón de oportunidade. Como a nosa mentalidade orixinal celta.
En resumo, en celta, en Fisterra víamos unha visión da terra, coma hoxe, redonda e ilimitada, non o fin da Terra. A min esa imaxe lémbrame a Sagres, en Portugal, onde tes esa mesma visión do mundo que che invita a visitalo, como fixeron os portugueses.
Pero unha vez que chegaron os romanos, lograron cambiar a mentalidade. E cal é a segunda pregunta? Pois explicar porque estou seguro de que é visión e non finis o nome celta.
- Log in to post comments