O dicionario da RAG di que hai dous mollos, o de mollar que explica:
mollo substantivo masculino1 Líquido máis ou menos espeso preparado con aceite, especias e outros ingredientes, no que se preparan certas comidas ou que se utiliza para acompañalas. Prepara o mollo para a caldeirada. Bótame no prato un pouco mollo do asado. SINÓNIMOS chorume, prebe, salsa FRASES E EXPRESIÓNS CON mollo A mollo Estar, pór etc., dentro da auga unha cousa, para que abrande, para desalgala etc. Deixou unhas pezas de roupa a mollo. O lacón estivo pouco tempo a mollo. SINÓNIMOS a remollo, de mollo, de remollo De mollo A mollo. Pon o bacallau de mollo.
E o que non é latino que non explica, hai que vivir no campo para coñecelo:
mollo substantivo masculino Monllo Axudounos a carrexar os mollos. Pero en monllo o explica mellor:
monllo substantivo masculino Brazado de vides, trigo, herba seca etc., atado. Un monllo de trigo. SINÓNIMO mollo2
Que ten que ver este mollo co celta? Veremos:
moll, m. (gs. moill, pl. ~ta).Heap; large amount, large number. ~ cloch, leabhar, éadaigh, gainimh, heap of stones, of books, of clothes, of sand. ~ tithe, huddle of houses. ~ airgid, heap of money. ~ daoine, mass of people. ~ bréag, pack of lies. ~ a dhéanamh de rud, to gather sth. in a heap. Tá sé ina mhollta aige, he has put it in heaps; he has heaps of it. (Var:pl. ~tra, ~tracha)
Vemos que moll, latinizado mollo ten un significado parecido que en Galicia quedou reducido ao campo, non é xenérico, pero que fala de montón, gran cantidade, gran número e pon os exemplos de moll cloch (mollo de pedras), moll leabhar (mollo de libros), moll éadaigh (mollo de roupas), moll gainimh (mollo de area). Naturalmente, estou forzando un pouco o significado actual en Galicia de mollo, pero extendéndoo, só lixeiramente, de brazada a montón.
- Log in to post comments