Galgao

Submitted by admin on Tue, 01/08/2019 - 20:53

Galgao é unha parroquia do Concello de Abadín.

Dado que estamos na zona oriental de Galicia, Galgao é equivalente a Galgán polo que se aplica o que xa explicamos no artigo anterior. Por certo que quere dicir, que veremos fontes medicinais nesa parroquia ou nas outras que xa vimos? Pois deberiamos comprobalo, tendo en conta que estamos falando dun nome de hai 2000 anos ou máis e dun fenómeno que cambia co tempo. Os volcáns cambian co tempo, os procesos xeotérmicos tamén e onde hai un vapor xeotermico hoxe pode desaparecer mañá.

De todas maneiras estes nomes indican o interese dos celtas galegos por estes fenómenos misteriosos das augas termais e os seus efectos medicinais e sanadores. E dos vapores asociados.