Que é rís?
ris1, f. (gs. & npl. ~e).Lit:1. Report, tidings. 2. Story, tale.
ris2, adv. Bare, uncovered, exposed. Bhí a ghlúine ~, his knees were exposed. Tá na carraigeacha ag teacht ~ leis an taoide thrá, the rocks are appearing with the ebb-tide.
ris3 = leis :le1.
Conto, informe, noticias, historia ou ben descuberto, exposto.
A wikipedia di que:
O topónimo galego Escarís pode referirse a:
- Escarís, lugar da parroquia de Lampón, no concello de Boiro;
- Escarís, lugar da parroquia de Nigoi, no concello da Estrada.
Pero posiblemente tamén Esparís en Brión sexa a mesma palabra.
O topónimo decidiuse oficializar co seu seseo característico, ao igual ca moitos topónimos rematados en -iz/-ís do bloque occidental do dominio lingüístico galego. Existen outros dous Espariz: un que conforma a parroquia do mesmo nome no concello portugués de Tábua, e mais o lugar de Espariz, na parroquia de Doncos (As Nogais).
Ben, na toponimia hai máis
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Escarís | RIBEIRA | Olveira (Santa María) |
O Escarís | TOMIÑO | Tebra (Santa María) |
O Escarís | TOMIÑO | Tebra (Santa María) |
Escarís | BOIRO | Lampón (Santiago) |
Escarís | ESTRADA, A | Nigoi (Santa María) |
E de Esparís ve pouco, menos ca wikipedia
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Esparís | BRIÓN | Viceso (Santa María) |
E de Espariz ou Escariz non ten nada a toponimia oficial.
En Portugal existe Espariz e Escariz
Escariz pode ser:
- Escariz - freguesia do concelho de Arouca.
- Escariz - localidade na freguesia de Balasar
- São Mamede de Escariz - freguesia do concelho de Vila Verde.
- São Martinho de Escariz - freguesia do concelho de Vila Verde.
Tamén é apelido.
Pero a pregunta que nos temos que facer é que significa Escariz, Escarís?
Acabamos de ver que a toponimia concede moitos Escarís coma unha forma dialectal de Escariz. En realidade é ao revés. Se o nome é celta non ten z, e Escariz é unha composición e interpretación castelanizante e supostamente sueva de Escarís. Ben, a xente di Escarís.
Entón que é Escarís?
Podedes buscar Esca en Search (ainda non sei porque non localicei as palabras de drupal 8 ao galego. Non tiven tempo) e veredes que en irlandés antigo é Lúa.
Vistos os significados de Ris en irlandés actual a tradución de Escarís ou Escariz, Escarís é:
Conto da Lúa, Historia da Lúa, Lúa descuberta ou Lúa exposta. Ben, tamén poderiamos chegar a Lúa do rei, pero o que ten máis sentido pratico para caza e a guerra no neolítico sería o de Lúa espida, descuberta. Un sitio no que podes ser visto desde lonxe pola noite, sempre que a lúa estea visible. Un sitio no que non é doado facer emboscadas ou preparar trampas para os animais. Algo así coma "claro de Lúa", pero non precisamente de Beethoven.
Unha primeira mirada ou análise a Espariz ou Esparís as iguala a Escarís.
- Log in to post comments