Inés Ben complétanos os datos que se contaban na entrada "Tradicións do Neolítico":
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=4&id=2251
Fonte de Santa Eufemia de Trasbar
Localización: Trasbar, parroquia de Castelo, concello de Cervo (Lugo).
Coordenadas:
Lonxitude: 43º 38’ 44.53” N
Latitude: 7º 27’ 20.67” W
Sitúase nas proximidades da capela vella de Santa Eufemia cuxa construcción se data no século XII. A capela é de propiedade privada e só ten oficio relixioso o día de Santa Eufemia, o 16 de setembro.
A edificación é antiga e no interior conserva, ao parecer, uns interesantes frescos.
Considérase que as augas da fonte teñen propiedades curativas, especialmente para doenzas da pel.
O rito consiste en mollar un pano naquela auga e logo lavar a parte do corpo danada; despois déixase o pano pendurado da ramallada que hai ao redor da fonte coa esperanza de que segundo vaia secando a prenda, así secará tamén a enfermidade que se pretende curar.
Como vemos coincide coas ideas que manifestaba José Manuel Blanco Prado sobre a parroquia do Corgo citada. Polo que responde a unhas crenzas neolíticas presentes en varias zonas de Galicia, e como contabamos, quizais tamén de Irlanda.
- Log in to post comments