Dodro

Submitted by admin on Sun, 06/02/2019 - 09:50

Dodro é un concello coruñés, pero hai máis

Dodro pode referirse a:

do1, poss.a. (Lenites; written dbefore vowel or fh followed by vowel) Your (sg.).  O teu

 E, ademais duns dez significados máis, temos

do-4, pref. (Hyphenated before vowels, and before bh, dh, gh, mh, when followed by a, la, ra) 1. Impossible, extremely difficult, to. 2. Ill, evil.

Na miña opinión A túa liña, polo tanto ou A liña imposible. Referidas claramente a liña do río Ulla.

Se ben se  traducimos dro por pesca como fixemos en Landro (dro significa liña e liña de pesca) teriamos un significado quizais máis axeitado: A túa pesca, na parroquia de Dodro era posible conseguir boa pesca do río Ulla.

Aínda que en tempos paleolíticos en Dodro, como era e significa o Miño, tiñan tamén unha liña imposible de cruzar, o Ulla. Máis aínda onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa, como di a wikipedia.

Ou ben se miramos en novacarta.eu buscando Dodro (xa que a parroquia Dodro non aparece en google maps). http://www.novacarta.eu/gl/node/5323  podemos ver que a parroquia está no comezo da zona ancha do río Ulla, da zona na que empeza a ser máis difícil o paso entre as dúas beiras do río. O significado de liña extremadamente difícil (de pasar, de atravesar) é posible, é crible: ninguén pasará pola liña difícil -do río ancho- se, con dar un pouco de volta para atrás, pode cruzar pola zona estreita do río, de fácil paso.  Aínda que falar de liña de pesca tamén ten sentido nun río.