Laracha

Submitted by admin on Sat, 06/15/2019 - 17:14

Laracha é un concello coruñés.

láir1, f. (gs. lárach, pl. láracha).Mare. 1. ~ ghraí, stud-mare. ~ shearraigh, mare in foal. ~ asail, she-ass. 2. ~ mná, big well-built woman. 3. ~ dhubh, treadmill. 4. (a)An L~ Bhán, the Milky Way. (b)~ bhán, hobby-horse (used by wren-parties). (c)Algae:~ (bhán), badderlocks.

Láír é égua e o plural é láracha, eguas. Aínda que ben se podería traducir por eguada en galego, di a RAG:

Manda de cabalos. Nestes montes hai eguadas que andan ceibas.2 Conxunto de gando cabalar dedicado á cría. Na eguada naceron dous poldros.

Así que a feira de cabalos de Laracha debía ser famosa en toda Galicia e todos sabían, polo seu nome que era alí, en Laracha onde mercar o mellor gando cabalar.

Alguén segue a dubidar de que os nosos antergos falaban celta, de que os nosos topónimos son coherentes, informativos para o seu pobo, con sentido común e non balbuceantes gruñidos e supostos hidronímicos indoeuropeos inventados?

O Arroyo de Laracha, en Asturias, confirma a tradución. Arroio das éguas, onde as éguas e as súas crías beben auga, quizais polas características do lugar.