Valboa case ten un significado latino claro, agás que sen sentido. Valboa pode ser un val boa, pero un val é masculino e boa é feminino. Así que non concordan en xénero. Debería ser Valbó para ser coherente. Non hai ningún así.
Pois para non ser coherente hai un montón de Valboas
O topónimo galego Valboa pode referirse a:
- A Valboa, parroquia do concello de Trabada;
- Valboa, parroquia do concello de Monterroso;
- Ferreirós de Valboa, parroquia do concello de Becerreá;
- Ferreirós de Valboa, lugar de dita parroquia;
- Valboa, lugar da parroquia de Xurenzás, no concello de Boborás;
- Valboa, lugar da parroquia de Arnois, no concello da Estrada;
- Valboa, lugar da parroquia de Trasliste, no concello de Láncara;
- Valboa, lugar da parroquia de Lamas, no concello de Leiro;
- Valboa, lugar da parroquia da Armenteira, no concello de Meis;
- Valboa, lugar da parroquia de Vilar de Ortelle, no concello de Pantón;
- Valboa, lugar da parroquia de Bouzoa, no concello de Taboada;
- Valboa, lugar da parroquia de Merza, no concello de Vila de Cruces;
- A Valboa, lugar da parroquia de Angoares, no concello de Ponteareas;
- Valboa, concello da provincia de León.
Véxase tamén
Outros artigos
E Balboas hai algúns:
O topónimo Balboa pode referirse a:
- Balboa, concello da provincia de León;
- Balboa, aldea do concello de Badaxoz, na provincia de Badaxoz;
- Balboa, cidade portuaria de Panamá, capital do Distrito de Balboa;
- Balboa, municipio colombiano do departamento de Risaralda;
Amais, como apelido pode referirse a:
- Vasco Núñez de Balboa, explorador estremeño, descubridor europeo do Océano Pacífico (1475-1519);
- Javier Ángel Balboa, futbolista hispano-ecuatoguineano (n. 1985);
- Rocky Balboa, boxeador ficticio.
Véxase tamén
Outros artigos
- Balboa panameño, moeda oficial de Panamá.
- Valboa
Parece que a unanimidade, en Galicia, de Val en vez de Bal é produto da crenza de que fai referencia a un val. Pero iso aboca a unha contradición en xénero. É mellor que teña un sentido falso, pero recoñecible a que se manteña a unidade lingüística celta que se ve en León, en Badaxoz, en Panamá?
A orixe da palabra, ao meu entender, está en Bal Bó, camiño de vacas (despois de ver Balbís e Baltar, estará máis claro, non?). O final dunha senda ou camiño que estaba habitado ou tiña refuxio para pastores. Iso era Balboa. E os latinistas entendían que lle faltaba algo a Balbó e adornaronno cun a, Balboa.
De novo, un nome con referencia xeográfica precisa para os seus usuarios celtas. Por outra banda, este caso amosa que no celta hispano, non só no galego, diciase camiño así: Bal.
En realidade na toponimia galega oficial hai moitas Balboa
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Costa da Balboa | AMES | Biduído (Santa María) |
As Balboas | AMES | Biduído (Santa María) |
O Brañal das Balboas | AMES | Biduído (Santa María) |
Balboa | PONTENOVA (A) | Vilaboa (San Xulián) |
Balboa | RIBADAVIA | Francelos (Santa María Madanela) |
Fontiña de Balboa | RIBADAVIA | Francelos (Santa María Madanela) |
Sibalboa | RIBADAVIA | Francelos (Santa María Madanela) |
As Curvas de Balboa | CERDEDO | Folgoso (Santa María) |
As Curvas de Balboa | CERDEDO | Cerdedo (San Xoán) |
A Fabalboa | MOAÑA | Meira (Santa Eulalia) |
A Lagoa de Fabalboa | MOAÑA | Meira (Santa Eulalia) |
Camiño da Fabalboa | MOAÑA | Meira (Santa Eulalia) |
A Curva da Balboa | OIA | Mougás (Santa Uxía) |
A Devesa da Balboa | OIA | Mougás (Santa Uxía) |
As Veigas da Balboa | OIA | Mougás (Santa Uxía) |
Ademais, hai Balboas
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
As Balboas | AMES | Biduído (Santa María) |
O Brañal das Balboas | AMES | Biduído (Santa María) |
Ainda que por abrumadora maioría de palabras dese tipo na toponimia van de Valboa (supoñen que é un val)
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Camiño das Valboas | AMES | Biduído (Santa María) |
O Nabal de Valboa | MELIDE | Moldes (San Martiño) |
A Valboa | SANTISO | Vimianzo (Santa María) |
A Valboa | SANTISO | Niñodaguia (San Paio) |
Fonte da Valboa | SANTISO | Niñodaguia (San Paio) |
Camiño de Valboa | VAL DO DUBRA | Coucieiro (San Martiño) |
Valboa | VAL DO DUBRA | Coucieiro (San Martiño) |
Valboa | CORGO (O) | Anseán (Santa Catarina) |
A Valboa | RIOTORTO | Riotorto (San Pedro) |
Camiño de Valboa | TABOADA | Bouzoa (San Xoán) |
Cruceiro de Valboa | TABOADA | Bouzoa (San Xoán) |
O Agro de Valboa | TABOADA | Bouzoa (San Xoán) |
O Monte de Valboa | TABOADA | Bouzoa (San Xoán) |
O Toxal de Valboa | TABOADA | Cerdeda (Santa Mariña) |
Valboa do Monte | TABOADA | Bouzoa (San Xoán) |
Depósito de Augas de Igrexa e Valboa | TRABADA | Vidal (San Mateo) |
Estrada a Valboa | TRABADA | Vidal (San Mateo) |
Estrada a Valboa | TRABADA | A Valboa (Santa María Madanela) |
Valboa | POBRA DE TRIVES (A) | Piñeiro (San Sebastián) |
Valboa | POBRA DE TRIVES (A) | Pareisás (Santo Antonio) |
A Valboa | RIÓS | Fumaces e A Trepa (Santa María) |
O Atallo da Valboa | RIÓS | Fumaces e A Trepa (Santa María) |
Os Prados da Valboa | RIÓS | Fumaces e A Trepa (Santa María) |
O Casucho dos Valboas | VEIGA (A) | Riomao (San Tomé) |
Regueiro de Valboa | VIANA DO BOLO | Fradelo (San Vicenzo) |
Valboa | VIANA DO BOLO | Fradelo (San Vicenzo) |
A Corga de Valboa | VILARIÑO DE CONSO | Pradoalbar (Santo André) |
Camiño de Valboa | VILARIÑO DE CONSO | Pradoalbar (Santo André) |
O Avesedo de Valboa | VILARIÑO DE CONSO | Pradoalbar (Santo André) |
Regueiro de Valboa | VILARIÑO DE CONSO | Pradoalbar (Santo André) |
Valboa | VILARIÑO DE CONSO | Pradoalbar (Santo André) |
Valboa do Monte | VILARIÑO DE CONSO | Pradoalbar (Santo André) |
Valboa | CERDEDO | Folgoso (Santa María) |
Camiño de Valboa | GONDOMAR | Peitieiros (San Miguel) |
Valboa | GONDOMAR | Peitieiros (San Miguel) |
Valboas | TOMIÑO | San Salvador de Tebra (San Salvador) |
Ferreirós de Valboa | BECERREÁ | Ferreirós de Valboa (Santa María) |
Valboa | LÁNCARA | Trasliste (San Xoán) |
Valboa | PANTÓN | Vilar de Ortelle (Santiago) |
Valboa | TABOADA | Bouzoa (San Xoán) |
Valboa | BOBORÁS | Xurenzás (San Pedro) |
Valboa | LEIRO | Lamas (Santa María) |
Valboa | ESTRADA, A | Arnois (San Xiao) |
Valboa | MEIS | Armenteira, A (Santa María) |
Valboa, A | PONTEAREAS | Angoares (San Pedro) |
Valboa | VILA DE CRUCES | Merza (Santa María) |
e algunhas Valboas máis:
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Camiño das Valboas | AMES | Biduído (Santa María) |
O Casucho dos Valboas | VEIGA (A) | Riomao (San Tomé) |
Valboas | TOMIÑO | San Salvador de Tebra (San Salvador) |
Alguén dubida que son a mesma palabra e que esa é Balboa?
- Log in to post comments