Na toponimia aparece Rubal
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Rubal | FOZ | Santa Cilla do Valadouro (Santa Cilla) |
A Rubaleira | XOVE | Xuances (San Pedro) |
O Rubal | XOVE | A Rigueira (San Miguel) |
Punta da Rubaleira | XOVE | Xuances (San Pedro) |
Hai 2 días El Progreso falaba de Caxigueiro, un escultor galego de nome Daniel Río Rubal. Do mesmo apelido a wikipedia fala de Xosé Antonio Rubal López.
Falei hai tempo de Ru cunha posible relación con bermello (que si é certeira no caso de rúa). Nese caso Rubal sería carmiño bermello ou camiño de lama bermella.
Veremos agora outras posibilidades Que pon o dicionario de gaélico de rú?
rue » Rú pois é rue en inglés. E rue pode traducirse por
Traducións de rue
como nome: a ruda
como verbo lamentar=regret, lament, mourn, deplore, bemoan, rue ou
arrepentirse de=regret, rue
Xa que bal o traducimos por camiño (ver entradas anteriores)
Rubal pode ser camiño de rudas. Ou ben camiño de lamentacións. Ou ben camiño de arrepentimento.
- Log in to post comments