O monte Marraxón en Sillobre, Fene, ten nome celta. Na wikipedia está clasificado como un lugar calquera. E así non se pode entender nada. Sen ir alí non se pode entender nada. E máis, sen visitar e entender os sete outeiros ou colinas sagradas arredor de Ferrol non se entende nada. E imposible.
Foi a miña irmá Sabela a que me fixo visitar os sete outeiros e remarcoume o seu carácter especial. O Monte Ancos, as bailadoras, e o monte Marraxón, porque Marraxón non é un lugar senón un monte onde é posible ver toda a ría de Ferrol, nunha vista máis completa que desde Montefaro ou Brion.
Ademais -para entendelo mellor, ainda, parece que no cumio do monte hai enterramentos antigos, mámoas ou algo así. Enterrábanse alí para que ter unha boa vista final, a vista da ría que enfila un camiño ata a posta do sol, o alén, o mais alá. O paraíso? Quizais.
Un lugar que esperta felicidade, visión eterna. Iso di Marraxón.
Mar- como ra-dicir, dicindo son-felicidade, o x non existe en celta. A visión da vida eterna seguindo o camiño ao ocaso. Porque as bailadoras están aos dous lados da boca da ría, o que quere dicir que case todos os ocasos na zona de Ferrol son vistos poñéndose o Sol pola boca da Ría de Ferrol. Para entendelo mellor revisa a entrada As Bailadoras
En novacarta.eu están en
Miradoiro Marraxón o día que saquei as fotos estaba nubrado, non se ve totalmente o efecto da totalidade da ría e a posta de sol.
E aqui podedes ver as mámoas citadas
Mámoas do Monte Marraxón
- Log in to post comments