Eu coñezo o nome de Viós polo Instituto, IES de Viós. Supoño que participaría varias veces no Rally Matemático que levo case 30 anos organizando en Galicia.
Pero agora estamos falando de toponimia, está ben? está mal? Viós. En principio parece un nome grego mal escrito Bios, de Vida. Que é Viós? Había un ilustre experto galego da toponimia, do século XIX, que opinaba que a maioría dos topónimos raros galegos eran gregos.
Pero onte fun ata alí, pasei por Viós, para fotografar para novacarta.eu a igrexa de Viós.
Igrexa de San Salvador de Viós
Non son un experto en documentación medieval para poder dicir que si Viós está ben ou mal porque no século XII en tal documento poñía Viós e non outra cousa. Si son, nesta temporada, un viaxeiro empedernido que, nas viaxes, por territorios descoñecidos, ten que mirar letreiros para saber por onde vai, ademais de seguir o GPS.
Pois ben onte vin un letreiro que pon Viones. Ajá, que diría Martín Gardner, xa o entendín. Xa sei de onde vén Viós. Sen mirar ningún documento medieval.
Viones é a castelanización ou acastrapación ( lembrando a Sabela a Católica) do Vións galego e Vións e un plural ficticio do Bión celta que aparece en Corcubión ou en Avión.
Lembremos
E vión é bíonn,
bíonn :bí3. E bí pode ser
Por bí3, chegamos a Be. 1. Exist. Ser, estar, existir. Ademais bí ten de pres. hab:bíonn,
Un lugar para realizarse, para ser, para estar, para existir. Esa é a tradución do significado orixinal de Viós.
- Log in to post comments