Paderne

Submitted by admin on Thu, 07/09/2020 - 07:10

Tamén pasei onte pola igrexa de Santiago de Paderne. Ía de modo automático, sen pensar na toponimia, pero ao chegar alí, e ver o que había tamén tiven un segundo Ajá! que citei na entrada anterior. Neste caso vou deixar en suspenso a tradución de Paderne, que me leva intrigando hai moitos anos. Porque no Algarve, en Portugal, no Sur de Portugal hai Paderne?

En realidade hai moitos Padernes en Galicia

O topónimo Paderne pode referirse a:

En Galicia
En Portugal

A Igrexa de Santiago de Paderne, en Oza-Cesures, foi a que fun visitar.

Igrexa de Santiago de Paderne

E aquí vén a nova entrada no dicionario galego que estou creando neste mesmo instante: un paderne designa un lugar onde houbo un almacén comunitario, posiblemente de orixe celta, onde se almacenaban bens comunitarios, ben grans de trigo, ben outras cousas que necesitaban  portas especiais e ventás aínda máis especiais, para ventilación pero que non deixaban pasar ningún animal ou invasor. Aínda podía ser defendida contra ladróns con frechas desde o interior.

Os edificios fixéronse tan sólidos, de pedra, que duraron 2000 anos. Pero reciclados. A Igrexa convertiunos en igrexas parroquiais, nalgúns casos (nos 4 primeiros e nos 2 últimos desa lista), permitido a súa conservación. Nos demais, a saber. Non fun a velos. Pero agradecería algunha confirmación do que acabo de contar nalgún dos lugares citados pola wikipedia.

Un comentario final. A visión histórica dos galegos como aprendices dos romanos, aprenden a falar gracias a eles, aprenden o dereito romano, a organización comunitaria, etc... é falsa. A visión correcta a expresaba un historiador alemán nun programa de Discovery Channel sobre os celtas. "Foron facilmente vencidos polos romanos porque tiñan unha organización previa, camiños feitos por eles que facilitaban o paso dos soldados e vivían nunha orde establecida que foi substituida facilmente pola estrutura e orde romana. Non así os salvaxes xermanos que non tiñan estradas ou camiños por onde pasar, nin estruturas sociais que substituir polas romanas."

Nestas páxinas xa vimos dúas estruturas celtas galegas: o ron, o selo, utilizado en toda Galicia, con pegadas na toponimia, e o Paderne.

Outro día revisitaremos a tradución da palabra.