Xa vimos que Chá ou Chán vén de non en celta. Así que os celtas non dirían Terra Non ou terra do non, iso foi moi posterior.
Quedámonos, xa que logo, con que eles vían unha chaira, unha planicie, unha má (plain).
Hoxe fun por unha zona pendente de percorrer en Guitiriz. Efectivamente unha igrexa preciosa, orientada ao amencer, como as celtas polo que a portada está totalmente iluminada as 11 e media da mañá.
Santa Mariña de Lagostelle, Guitiriz
Despois pola
Cantera de Mariz
Nese momento entendín que estaban falando de má-plain, chaira e ris, que non riz, ao descuberto. Polo que non vin a canteira, pero si fotografei no lugar unha chaira plana visible e ao descuberto que caracteriza, non só a Mariz, senón a toda a Terra Chá.
Para continuar pola igrexa de Mariz, da que, xa fotografara a chaira que a rodea como a podedes ver na entrada anterior.
Igrexa de Santa Eulalia de Mariz
E seguín pola Igrexa do Vilar
Igrexa Parroquial de Santa María de Vilar (na fotos das vacas xa vemos, se a ampliamos, os aeroxeradores da Cova da Serpe) e pola Igrexa de Negradas
Igrexa Parroquial de San Vicenzo de As Negradas na que xa vemos tamén os aeroxeradores da Cova da Serpe.
Agora podedes ir á cova da Serpe e mirar desde alí a chaira de Mariz e comprender porque Mariz se chama así e porque os castrexos chamaban á Terra Chá Mariz: Planicie, chaira ao descuberto....
A Cova da Serpe
- Log in to post comments