Os libros de contos da toponimia falan dun Santo chamado Ferreol que veu aquí non se sabe cando a facer non se sabe que e que os ferroláns moi agradecidos puxéronlle o seu nome a cidade.
En realidade Fer é home en celta antigo (fir é o plural no seu caso e temos exemplos) aínda que o home máis moderno é man e men (xustiño como o inglés, que casualidade!).
Que pasa con rol. Naturalmente existe en celta, e en irlandés e dise que vén do francés... significando papel tal e como significa en castelán ou galego. O nome de Ferrol -e outros- proban que rol existía en celta galego cun significado semellante a "papel de"
O papel de home por antonomasia neses tempos é o de heroe....
Non me digades que non acae cun dos aspectos característicos da cidade de Ferrol, o seu carácter militar.
Ferrol é un heroe!
- Log in to post comments