Nós temos homes

Submitted by admin on Tue, 05/08/2018 - 14:28

Ou ben nós somos os homes é a tradución dunha vila da provincia de Lugo ou un lugar da provincia de Pontevedra, polo menos. Homes aquí lese como en inglés, men. Como se di nós en celta? Pois xa sabes de que vila estamos a falar.

Algunha clase de fanfarronería e acusación velada á vila próxima ou a tribu próxima está implícita no nome. Nós somos homes, temos homes. Estoutros veciños, quen sabe! Ou amenaza: vide acó e saberedes o que son capaces de facer os nosos homes!... Son as novelas que se me ocorren para explicar ese nome. Seguro que algún de vós podería explicar dúas ou tres teorías máis que novelen a situación.