Non hai coma visitar os sitios que queres desvelar. Se non os coñeces podes chegar a formarte ideas aloucadas, fóra do lugar e da súa contorna, do seu ambiente, e finalmente equivocadas. Así que comezarei por unha historia previa á visita, para seguir despois de ouvír os efluvios dos nosos antergos falando sobre o lugar, ao pasar pola Lanzada.
A primeira historia vai dun cabaleiro medieval (de orixe sueva), Federico da Lanzada, ou Lanzarote, cuia amada de Pontevedra foi alcumada traizoeiramente polo malvado cabaleiro Alexandre de Millán. Federico intercedeu ante Xenoveva de Brabante para que o Alexandre se retractase, pero a verdade é que aos cabaleiros suevos galegos non lle facían caso en toda Europa. Tiñas que dicir que eras celta ou non che facían caso. Un caso claro de racismo, denunciado ante Carlomagno.
Finalmente, puxeron a cuestión en riba da mesa e chegaron á conclusión de que só cun torneo a morte, un xuízo de Deus, na Lanzada resolverían o problema.
E así o fixeron. A Lanzada mortal que recibiu o malo, malote de Alexandre de Millán. No seu leito de morte, Alexandre, pediulle a Federico que o lugar non se chamase Federiz, que era moi ridículo, e sí se chamase a Lanzada, en honor á ferida mortal recibida por unha lanzada.
Ata aquí a primeira historia. A quen lle guste que a merque.
A segunda é unha historia real, vivida na mesma praia da Lanzada: ía pensando de onde viña a Lanzada. E uns anxos ou antergos voando cantaban ao meu redor Lan, Lán, Lánn, zada, zada, sada, sada,...
Moita, moita, moitaa,...Sada, Sada... Pero as voces dos anxos íanse difuminaá..ndose e non se podía distinguir a tradución, só o principio, moita, ....
Tería que ir ao dicionario (que cousa máis incómoda). Antes diso puxen as fotos da Lanzada, do ZEC e da RAMSAR, do castro, da torre do malote,...
A Lanzada
Castro de A Lanzada
Torre de A Lanzada
Ermida da Nosa Señora de A Lanzada
Complexo Intermareal Umia-o Grove
Complexo Intermareal Umia-O Grove
Complexo Ons - O Grove
Foxos e da Nosa Sra
Espiñeira (A Lanzada)
Despois de velas, dime, que é o que hai en común en todas as fotos, algo que non se ve, pero impregna todo, o envolve todo, todas as fotos están dicindo iso que non ves...
Algo que verás na entrada seguinte, e saberás que significa o nome doutro concello galego.
- Log in to post comments