Sada

Submitted by admin on Sat, 06/26/2021 - 17:15

Sada é un concello da Coruña. Nunca o traducira ata velo noutro contexto- podía ser sa-dá, en dobre, pero non ten sentido, non serve para explicar nada, non indica ningunha propiedade do lugar, non ten utilidade, logo non é unha tradución certa ou acertada.

Ademais, non existe sada no dicionario gaélico. Podemos ou ben ir  aos dicionarios Old-Irish, aos protocélticos e buscar sada, ou ben, segunda solución, admitir palabras próximas a sada (supoñendo unha pequena modificación celta galego-gaélico irlandés).

E, neste caso atopamos,

seadán2, m. (gs. & npl. -áin, gpl. ~). Breeze, draught; breath, puff; wheeze. E traducímolo ao castelán

Brisa, corriente; aliento, soplo; jadear.

Ou sexa supoñemos que aquí diciamos sada cando eles dín agora seadán. E temos unha versión útil para os contemporáneos e para os descendentes.

Avisa de brisa ou corrente (enténdese notable). É útil para quén? Para os mariñeiros no mar. Cando vexan Sada saberán que hai brisa ou corrente que poden aproveitar ou usar convenientemente. Hai toda unha terminoloxía mariña a estudar que seguramente responde a eses parámetros. Aproveitarse para moverse mellor no mar.

Se é corrente explicaría o gran dique creado e que ampara das correntes mariñas ao peirao de Sada. Se é brisa, ese coñecemento o utilizarían os barcos de vela.

Se agora volvemos a Lanzada=Lan Sada, está dicindo moita brisa, moita corrente. Tenna en conta para navegar. Todas as fotos o mostran, ainda que non o vexas.

Segunda solución, do old irish,

sad dust shaken from anything by beating, a smart blow, sadadh, dusting, beating. Po das dunas e areas das praias de Sada e a Lanzada. En certos momentos, no mar, moi molestos para navegar, con cero visibilidade.  Fácil que te embarranques na terra. Ademais, un significado próximo ao primeiro: esa brisa, corrente, ou botar po producido por brisa, corrente son similares. O que parece afirmar ese significado, do nome clavado en old irish con sadadh. Outras posibilidades...

Early irish

unsettled an\.sáda(i)l (sáda(i)l) Non habitado. Podería ser.

discomfort an\.sádailecht (an\.sádail)  non confortable. Tamén.

restless essádal, -ail (sádal)   sen descanso.

uncomfortable an\.sáda(i)l (sáda(i)l)  non confortable

En protocéltico varias palabras candidatas non exactas....