Onte fun a Virís, en Begonte, que podedes ver en:
Casa-Torre de Virís
Igrexa Santa Helena de Virís
A segunda non está clara a situación, nas fotos, que podiamos describir coma unha chaira inclinada na que as árbores impiden ver a distancia. Pero na primeira vemos un ceo cegador, de tal forma que a miña cámara ennegrece toda a terra, todo o que está na terra, porque debe facer unha media de iluminación e dálle preferencia ao ceo luminosos sobre as casas marrón, que ennegrece. Ben, no meu punto de vista, son unhas fotos máxicas dun lugar máxico, chamado Virís. Non mirei o que din os latinistas, pero poderían dicir que ven de Vir-viris, de onde sae varón. Non o creo. E a acentuación non favorece esa hipótese.
Temos Bí-rís
bí3, substantive v. (pres:tá, aut. táthar, rel. atá, rel. aut. atáthar, neg. níl, aut. níltear, dep. bhfuil, aut. bhfuiltear; pres. hab:bíonn, aut. bítear; p:bhí, aut. bhíothas, dep. raibh, dep. aut. rabhthas; p. hab:bhíodh, aut. bhítí; fut:beidh, aut. beifear, rel. bheas; cond:bheadh, aut. bheifí; pres. subj:raibh, aut. rabhthar; vn. bheith. S.a. beite1). Be. 1. Exist 2. (Of condition, position)
En primeiro lugar non sei distinguir, de momento, se o Be celta galego ditínguese de Bí ou non. Era dialectal? ten moita diferenza? Marca a diferencia ser/estar do galego, portugués e castelán, que procedería do celta? Posiblemente.
Sexa como sexa, podedes ver a entrada Berís, en Irixoa, que significa está á vista, ao descuberto.
E podemos falar dos centos de rís e riz vistos e por ver aínda en Celtia que indican está á vista. Pero aquí, con Bí, parece indicar un matíz a maiores, un matiz de ser á vista, o ser deus á vista. Non só están a vista, senón que estaban vendo ao mesmo deus Lug, o deus da luz, nos ceos. Iso, polo menos, é o que vexo eu nas fotos da Torre de Virís.
Por último o listado da Galipedia
Co topónimo Virís podemonos referir a:
- Log in to post comments