Por primeira vez imos tratar un fenómeno de eufonización na toponimia, o de Anllóns. Ímolo relacionar con Nalón e co refrán "Gallegos y asturianos, primos hermanos".
lón, vímolo, é en gaélico actual provisións,
collation » lón -colación
fare » lón -tarifa
grub » lón -comida
luncheon » Lón -xantar
nurture » lón -nutrir
store » Lón -almacén
store » Lón provisión
sustenance » Lón -sustento
victuals » Lón -comidas
Aínda que eu opino que no celta galego ten o significado de fonte ou provisión de auga. Pero, como vimos en bia e os ríos con bia, as connotación fontes-ríos-augas-alimentos-comidas tamén existe en celta galego e irlandés. Son palabras coa mesma orixe e lixeira diferencia semántica produto do tempo e a distancia.
Pensade un momento, na lón, está na declinación de lón,
Uatha -Singular
AINMNEACH -nominativo
lón
▪an lón
GINIDEACH -xenitivo
lóin
▪an lóin
Iolra -Plural
AINMNEACH -nominativo
lónta
▪na lónta
GINIDEACH-xenitivo
lónta
▪na lónta
Vemos diferenza co Nalón. Pero a miña filla fala de varias cancions asturianas que cantan a fonte "nalona", que 1-fala de fontes 2- fala non de na lonta, pero case, case, de na lona. Plural e declinación plural de provisión, fonte.
Agora imos ao galego e temos Anllóns, naturalmente, unha declinación singular de lón, An llón. Porque llón? Por eufonización. Intenta pronunciar An lón e verás un gap entre an e lón, cousa que non existe en nalón. Anlón é proclive no tempo a perder o l e quedar en Anón (de feito é posible que Añón veña de aí, outra eufonización distinta de Anlón).
Un fenómeno perfectamente regulado en gaélico, como veremos noutro momento. Existen regras que deforman as palabras segundo en que contexto se inscriben. O gaélico non conserva a unidade das palabras. As palabras sonan distinto en contextos distintos segundo as palabras anteriores. Porque e para que? Para eufonizar. Para o gaélico irlándés e o galego o máis importante, o que hai que primar, asegurar, conseguir é entender a palabra foneticamente. Non hai escritura. Tes que cambiar os sons a sons moi próximos, pero que aseguren a intelixibildade do discurso sonoro. Así, Anllóns valo entender sempre por unha eufonización de lón a llón. Anlón, á veces entenderalo e ás veces non.
Entender o son é todo o secreto das regras do celta galego. A eufonización. A sonoridade e quizais a beleza.
A geada é un fenómeno do mesmo tipo, de reforzo auditivo do g, non se fai para demostrar dialectalismo ou rusticidade senón para asegurar a intelixibildade do discurso sonoro, quizais en contextos auditivos de ruído como o mariño, co run run do mar como fondo.
Así acabamos de explicar a orixe de centenares de palabras da toponimia, algunhas xa con entrada pero non explicadas ata este momento coma Illán ou Guillán. intenta pronunciar ilán e veras que pronto estarás dicindo "hilan", e non entenderán o que dís. Iso nunca ocorre con Illán que fai distinguir perfectamente o lán, pronunciando a sílaba llán.
No caso de Guillán, intenta pronunciar Guilán en varios contextos sonoros, con ruído de fondo, e verás que moita xente non o vai escoitar e entender. Guillán é moi dificil que non se escoite. No fondo do asunto está a división de palabras, un dos aspectos maís difíciles da aprendizaxe dunha lingua auditivamente (de forma escrita é trivial). Cando pasas de lán a llán estás remarcando a palabra llán, que non tes que pensar de ilan coma unha única palabra senón de i-e lán, remachada en llán. Sabes que hai 2 palabras que tes que descompoñer e descodificar.
En resumo, Anllón é unha pronuncia con reforzo auditivo de An lón, declinación do nominativo singular de fonte, provisión de auga.
- Log in to post comments