Seiruga en Seiruga, Barizo, Malpica de Bergantiños é unha praia que podedes ver aquí, en novacarta.eu. Seiruga
Ainda que tamén é un lugar, pero o significado celta refírese á praia. A praia é normal, bonita, grande, que a distingue para dar un único nome Seiruga de Galicia?
Pois en principio non ves nada especial ata que cando das a volta e te achegas á parte dereita da praia ves un rio, o rio Vaa, ou río de Esteiro segundo Google maps, relativamente grande (amplia a última foto da praia) e, entón, todo cadra:
Rug, xa o vimos en Samaruga,
rug :beir.
beir, v.t. & i. (p. rug, fut. béarfaidh, vn. breith, pp. ~the). 1. Bear, give birth to. O past tense de beir é rug
Está dicindo que o río que acaba na praia, acaba de nacer. O nacemento está preto da praia. So tes que mirar o mapa aquí Seiruga e comprobar que o río nace en Mens a unha carreiriña dun can da praia, pasando por encher unhas marismas e dar lugar a un río de tamaño normal.
Ainda que a Galipedia di que " Percorre o concello de leste a oeste, pasando por Leiloio, Cerqueda e moi preto das Torres de Mens. Desemboca no mar formando a depresión de Beo pola ría de Esteiro. ". É certo que hai un Esteiro, pero no mapa esa lonxitude non se ve. En Google maps vese que que o río Vaa xuntase nas torres de Mens con outros regos. Empeza a ser río alí mesmo.
Isto en nacemento, Isto nace preto de aquí , Este (río) nace aquí, quizais co sentido de é noso,....
Se (isto) i (en) rug (nacemento)
- Log in to post comments