Aviño

Submitted by admin on Tue, 08/03/2021 - 15:59

A Galipedia di que

O topónimo galego Aviño pode referirse a:

 

Visitei os dous lugares. En Valdoviño, o ano pasado, indo a visitar un pazo. Nesta semana pasada fun a Malpica a visitar praias, praias que están na zona de Aviño. Nos dous casos que é o que caracteriza a Aviño? Pois que é un lugar alto (non excesivamente alto, non é un monte coma o Monte Castelo de Burela, de moitos metros de altura preto do nivel cero do mar). Lugar alto preto de praias, que fan o lugar de un teórico Val.

En canto ao listado da toponimia temos os seguintes:

Aviño
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Aviñoa ROIS Rois (San Mamede)
Agra de Aviño PONTECESO Cospindo (San Tirso)
As Aviñoas ROIS Rois (San Mamede)
Aviño MALPICA DE BERGANTIÑOS Cambre (San Martiño)
Aviño VALDOVIÑO Valdoviño (Santalla)
Aviñoá MERCA, A Proente (Santo André)
Camiño da Aviñoa ROIS Rois (San Mamede)
O Cadaviño XOVE Sumoas (Santo Estevo)
O Campaviño TEO Reis (San Cristovo)

 

Ben, centrándonos en Aviño, de onde pode vir, xa que sabemos que é un lugar alto, quizais non un monte alto, senón un pico celta? Que era pico en celta?

Binn.

Binn. Ao declinalo aparece

Uatha

AINMNEACH

binn
an bhinn
O nominativo singular é  an binn. Transformacións que sufríu an binn foron seguramente an binno (latinización) e aviño (eufonización suprimindo o n e o nn vibrante eufonízase a un forte e ritmico ñ. Porque a rima é un dos procesos de creación da lingua galega. Moitas palabras adquiren o final e ritmo sonoro do ño e ña finais. Exactamente igual que ocorre cos finais de rima sonora eiro e eira, alguns produtos da lingua celta e outros produtos da busca de abundancia de rima.
Aviño está dicindo polo tanto o pico, nominativo singular de binn, pico.
Se revisamos Valdoviño xa o preveia eu, pero non cheguei a desvelalo totalmente porque (entre outras cousas) non coñecía a palabra celta de pico, binn. Pero o que dicía en xullo do ano pasado era isto:

Val do aviño tamén pode ser.

Pero pasei hai dous días polo Aviño e era unha zona alta, desde a que podía verse Valdoviño. E xurdíu unha terceira opción Bal do Aviño, camiño de montaña, de elevacion cara ao lugar chamado Aviño. (ver Baltar, aquí, en celtia; por certo que afondando esta idea hai un Baltar en Valdoviño e o convento de Baltar- ver novacarta.eu)

Non creo que teña moitos partidarios esta teoría, poque o Val de Valdoviño está moi asentado, pero realmente, máis que Val o de Valdoviño é un xigantesco areal.

Eu o deixo aí.

Pois nada máis que dicir. Esta opinión sae agora reforzada porque sabemos porque se chama Aviño porque está nun pico e Bal cara ao pico, camiño cara o pico é o significado final de Valdoviño. Na miña opinión, claro.