Uff, desta vez vou a contradicir aos latinistas moitísimo. O evidente é o que din, por exemplo na wikipedia sobre San Pedro das Viñas din Viñas é un topónimo latino que se refire ao cultivo das vides. Xorde entre o século XX e XIII.
Así parece e me parecía ata onte, que pasei polo Chao da Viña e polo Vilar da Viña, en Irixoa. Viña de ver as Capelas de San André (cunhas lastras altísimas preto da porta como defendéndoa e un look antiquísimo, seguramente unha capela preciosa de orixe celta). O mesmo lle pasa á Capela de San Bartolomeu.
Ver Capela de San Andrés e Ermida de San Bartolomeu
Despois pasei por
O Chao da Viña, A Viña, Irixoa Hórreo en Chao da Viña Un hórreo decorado que é un exemplo da perda do patrimonio en moi poucos anos. Porque o sei? Porque a imaxe Street View de Google maps (quizais hai dez anos?) o mostra orondo e ben conservado e hoxe está desfeito e a punto de desaparecer.
Pero é que resulta que de Chao da Viña empezas a baixar co coche sen parar ata polo menos o Vilar da Viña. Ou sexa temos o Chao da Viña, unha zona chán nun pico e baixas e baixas pasando pola Igrexa de Santaia da Viña ata o Vilar da Viña.
E as preguntas que me fixen foron Onde está a Viña? Non vin ningunha. Porque unha Viña e dúas localizacións distintas se só hai unha viña? E entón lembrei Valdoviño, cuxa ultima tradución, que fixen hai pouco, é camiño do pico (Bal -do a- binn), latinizado con o, e porque non pode estar latinizado con a?
O Pico, é dicir, A binn-a, é dicir, A Viña, nos oimos Viña e pensamos nun termo latino -iso si- entendible, corrente e perfectamente asumible, sobre a base de que alí houbo unha viña. Nalgún momento, non tivo ou ten porque ser agora mesmo. Ainda que a pregunta é, de que informa o feito de que alí houbese unha viña? Ao camiñante ou viaxeiro sérvelle de algo? Ao que levaba un carro con bois ou cabalos si que lle era útil saber se en certos lugares había costas, pendentes pronunciadas, porque entón quizais debería decidir buscar unha ruta alternativa e que fose máis viable. Aquí un pico, aquí outro pico, alí máis. A toponimia debería estar chea de binn. E algún ten, pero non demasiados. En cambio veremos que a toponimia está chea de Viñas e o que é máis sorprendente non principalmente nas zonas vitivinícolas galegas, senón en todos os lados.
A Viña, Irixoa ou Vilar de Viña, A Viña Igrexa de Santaia da Viña
Postos en fariña repaso que ademais de Chao de Viña, candidatos que eu vexo a ser binn, picos, que dan lugar ao topónimo Viña ou Viñas están:
San Pantaleón das Viñas, Paderne en novacarta.eu Igrexa de San Pantaleón das Viñas
Pasei por alí polo menos tres veces, unha percorrendo o camiño de Santiago ata Betanzos e é un pico. De modo que cando cheguei ao lado da igrexa xa estaba cansado e non fumos a vela. Foi o día no que fixen a foto de Gas, que si estaba ao lado do camiño e non a 200 metros.
San Pedro das Viñas, Betanzos en novacarta.eu Santuario das Angustias Pois é un pico notable desde o que se ve todo Betanzos.
San Cristovo das Viñas, A Coruña en novacarta.eu Igrexa de San Cristovo das Viñas En Google Maps
Na imaxe de Google maps parece un moi pequeno pico, quizais mellor na zona do cementerio, atrás da Igrexa.
San Cibrao das Viñas en novacarta.eu Concello San Cibrao das Viñas
A Viña Igrexa de Santaia da Viña Xa falamos delas que está na baixada do pico
Miradoiro de Volta da Viña En Lugo, se vas cun carro desde o Miño terás que facer un zigzag, un Bís, para poder facer unha subida á Viña- xustamente o pico, a cidade de Lugo.
Pazo da Viña Ver en Google maps
En Google maps parece un pico
Quérese iso dicir que todos os topónimos Viña sexan picos? Pois non, nunha zona de gran extensión de Viñedos eu poñerialle un nome de Viña. pero non a unha parra de uvas. Así que o que estou afirmando é que hai que distinguir as moitas Viñas e Viña que sinalan un pico das que haxa que sinalan un gran viñedo.
Xa tedes traballo para facer... Non me digades que non vos deixo traballo.
A Galipedia di que
Co topónimo As Viñas podemos referirnos a un concello, a varias parroquias e a diversos lugares de Galicia:
Índice
Concello
- O concello de San Cibrao das Viñas, na comarca de Ourense da provincia de Ourense.
Parroquias
- A parroquia de San Pedro das Viñas, no concello de Betanzos, na comarca de Betanzos.
- A parroquia de San Cristovo das Viñas, no concello da Coruña, na comarca da Coruña.
- A parroquia de San Pantaleón das Viñas, no concello de Paderne, na comarca de Betanzos.
- A parroquia de San Cibrao das Viñas, no concello de San Cibrao das Viñas, na comarca de Ourense.
Lugares
Na provincia da Coruña
- O lugar das Viñas, na parroquia de Santiago de Arteixo, no concello de Arteixo.
- O lugar de San Cristovo das Viñas, na parroquia de San Cristovo das Viñas, no concello da Coruña.
- O lugar das Viñas, na parroquia de San Pedro de Perbes, no concello de Miño.
- O lugar das Viñas, na parroquia de San Xulián de Mugardos, no concello de Mugardos.
- O lugar das Viñas, na parroquia de San Mateo de Trasancos, no concello de Narón.
- O lugar das Viñas, na parroquia de San Martiño de Luama, no concello de Ortigueira
Na provincia de Ourense
- O lugar de Froxás das Viñas, na parroquia de Proente, no concello da Merca.
- O lugar das Viñas, na parroquia de San Pedro da Torre, no concello de Padrenda
- O lugar das Viñas, na parroquia de San Fiz de Navío, no concello de San Amaro
- O lugar de San Cibrao das Viñas, na parroquia de San Cibrao das Viñas, no concello de San Cibrao das Viñas.
Na provincia de Pontevedra
- O lugar das Viñas, na parroquia de Santa María de Vide, no concello das Neves
Véxase tamén
Co topónimo A Viña podemos referirnos a varias entidades de Galiza:
Índice
Parroquias
Lugares
Na provincia da Coruña
- A Viña, lugar da parroquia de Lubre do concello de Bergondo.
- O Vilar da Viña, lugar da parroquia de Ambroa no concello da Irixoa.
- O Chao da Viña, lugar da parroquia da Viña no concello de Irixoa.
- A Viña, lugar da parroquia de Vilaño do concello da Laracha.
- As Brañas da Viña, lugar da parroquia de Vilaño no concello da Laracha.
- A Viña, lugar da parroquia de Abelleira do concello de Muros.
- Fonte da Viña, lugar da parroquia de Beán no concello de Ordes.
- A Viña, lugar da parroquia de Senra do concello de Oroso.
- A Viña, lugar da parroquia de Senra do concello de Ortigueira.
- A Viña, lugar da parroquia de Nogueirosa do concello de Pontedeume.
Na provincia de Lugo
- O Rego da Viña, lugar da parroquia de San Breixo de Parga no concello de Guitiriz.
- A Bouza da Viña, lugar da parroquia de San Xurxo de Lourenzá no concello de Lourenzá.
- As Casas da Viña, lugar da parroquia de Carballido no concello de Lugo.
- A Viña, lugar da parroquia de Ambreixo do concello de Palas de Rei.
- O Pé da Viña, lugar da parroquia de Vilaformán no concello de Trabada.
Na provincia de Pontevedra
- Calva da Viña, lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos no concello de Cerdedo-Cotobade.
- A Viña do Pazo, lugar da parroquia de Taboexa no concello das Neves.
- O Cabo da Viña, lugar da parroquia de Leirado no concello de Salvaterra de Miño.
- A Viña, lugar da parroquia de Manduas do concello de Silleda.
Véxase tamén
Outros artigos
Desde logo A Viña, lugar da parroquia de Nogueirosa do concello de Pontedeume, é un pico ben grande desde o que se ve Pontedeume e bisbarra. Pero hai máis, o Viña de Perbes, o lugar da Viña, na parroquia de San Pedro non está na relación. Se a Viña é o lugar onde está a Igrexa é un pequeno moi pequeno pico que sobe desde a praia de Perbes.
- Log in to post comments