Laíño

Submitted by admin on Mon, 08/09/2021 - 00:22

Hoxe, case onte, fun  ver a igrexa de Laíño, xa sabedes a que Rosalía de Castro, desde Padrón, cantaba pola banda de Laíño, pola banda de Lestrobe:

Como chove mihudiño, Como mihudiño chove, Como chove mihudiño, Pó-la banda de Laíño, Pó-la banda de Lestrobe. — Rosalía de Castro.

Tedes aquí o resultado da visita:

Igrexa Parroquial de San Xián de Laíño

Pero o interesante foi ver Laíño no seu contexto. Para poder entendelo. Non sei se o Laíño orixinal estaba xusto, xusto na igrexa ou un pouco máis para atrás. Dedúzoo porque entón o nome estaría perfectamente acaído:

La, lá, m. (gs. lae, pl. laethanta).Day. 1. (a) Daytime. Día, tempo de día, xustamente.

ín en celta, pequeno, -ín1, suff. (gs. ~, pl. ~í).Little, tiny. Pequeno.

O ín celta convértese en iño galego, en xeral, excepto algunha zona que conserva ín. En galego é Laíño, eufonizado, aggiornado ao galego. Por certo o Laín de Laín Entralgo ten algo que ver?

Non sei, seguindo co problema que estamos a tratar Laíño di que nese lugar o tempo de día é pequeno. Quizais di que está no polo norte? Non, o que está dicindo é que hai montañas arredor que van facer que o día naza máis tarde ou o solpor sexa máis cedo, dando lugar a un tempo de boa claridade máis pequeno que noutros lugares. Concretamente, a igrexa de Laíño ten un monte alto detrás. Se ese monte e o punto Laíño están na liña aproximadamente Leste a oeste pola que transita o sol, entón o día será máis pequeno. Se o Laíño refírese a poboación, pois con máis razón.

Curioso, non?