Case todos os días os xornais falan do cambio climático. Hoxe tamén. E os expertos mundiais advirten hoxe que cinco graos máis de temperatura serían insoportables para a Terra. Que na época glacial só tiña a Terra seis graos menos e que cinco máis, imaxínate. Curiosamente, a veces temos a calor asfixiante coma a que nos vén esta semana, pero tamén os xornais falan do cambio climático que se vai entronizar se a corrente hialina, a cinta transportadora de auga que trae calor tropical no inverno a Europa deixa de funcionar e a Europa do norte enfriarase moitísimo e o clima de Galicia axustarase ao de Nova York, que está á mesma altura. O inverno climático si que si vai ser bo.
A Voz falaba a semana pasada da corrente hialina na páxina de meteoroloxía. Pero moitos periódicos na semana pasada falaban de avistamento de especies de tiburóns raras nas costas de Galicia.
Coma no caso de certas algas, certas especies mariñas soben as costas galegas desde lugares máis cálidos e, ainda, tropicais.
Como contamos varias veces hai 12500 anos, en realidade nos últimos 100000 anos as glaciacións marcaron un baile de calor e frío en Galicia e en todo o mundo. Polo que o proceso de asentamento de especies mariñas raras non é a primeira vez.
Marraxo di a RAG, Peixe da familia dos isúridos, de corpo fusiforme e robusto, fociño cónico e dentes semellantes nos dous maxilares, estreitos e cun dente máis pequeno a cada lado da base, e cor verdosa no dorso e abrancazada no ventre, do que existen diversas especies. O marraxo é abundante no litoral galego, onde se pesca con palangre.
Todo isto foi o preludio para contar que, desde o meu punto de vista, a palabra celta marraxo expresa certa sorpresa ao atoparse cunha especie non coñecida no seu momento, produto do cambio climático do frio á calor e o desprazamento de especies.
A tradución proposta, da miña filla María, despois de contarlle marraxón, foi esta
Mar (como) ra (dicir) so(isto). Ou sexa, non teño nin idea de que é esta especie, é nova aquí, e vou a dicir unha frase que o explica. Como dicir isto. Sei tanto desta especie, podo explicar tanto desta especie como cando digo un xenérico isto.
- Log in to post comments