Lestrobe

Submitted by admin on Mon, 08/09/2021 - 21:11

Unha vez desvelado Laíño, (por certo vistes nos versos de Rosalía de Castro como a terminación iño fai posible moitos máis versos (laíño e mihudiño), e rimas), para completar o verso temos que desvelar Lestrobe. Alguén dubida aínda que se ten ou non ten tradución desde o celta?

Pois para os que dubiden, aí vai a tradución:

A clave está na división en palabras, palabras celtas que compoñen o topónimo. E estas son Le-Stró-Be

De Le xa sabemos que é con, fundamentalmente. A primeira opción de With; to, for; by, against.

De Stró temos

stró, m. (gs. ~).1. Stress, exertion.        Estrés, esforzo.
2. Interruption, delay.              2. Interrupción, Demora.
3. Means, wealth.                        3. Medios , riqueza.
4. (a) Ostentation, pride.  4. (a) ostentación, orgullo. (b) euforia.
(b) Elation.

De be sabemos que é un verbo be, v.i. 1 (Copula) -o texto anterior é inglés-  cun montón de matices que nos levan a ser ou estar. a (Existence) b (Position) d (Time)   3 (Go or come) e (Denoting futurity) . f (Necessity, duty) ...

De stró hai que escoller ao chou, non sabemos distinguir ou non temos ningunha razón para poder distinguir.

Están con medios, con riqueza

Son esforzados

Pedínlle unha opinión a Inés Ben e douma completa:

Tendo en conta que foi lugar de asentamento do Castro de Lestrobe (idade do ferro) duns 120 m de extensión, que a zona oeste foi refortificada en época medieval, Castelo do Monte Vilar, e que, tamén no medievo xa se citaban dúas torres defensivas, hoxe rconvertidas no pazo da Hermida, ben puidera referir o termo Lestrobe a que están con medios, con riqueza.
CASTRO DE LESTROBE (idade do ferro) que aínda conserva parte das murallas monumentais e que se poden ver perfectamente facendo un pequeno desvío que tamén nos permite ver a fonte que levaba a auga para as TORRES DE HERMIDA, residencia temporal de Rosalía de Castro e que reaproveitou o foso defensivo do castro para a súa construcción.

Hai unha sospeita sobre a gramática do celta galego. Ás veces, como aquí, o verbo be está ao final. Nese caso ten a tradución de ter? É unha posibilidade. En Landrove, Lan (moita) dro (fronteira) Be (ter) Ten ou fai de moita fronteira, podería ser a tradución.

Neste caso de Lestrobe, daríanos, Teñen medios, teñen riqueza.

Tedes o Pazo da Hermida en novacarta.eu  Pazo da Hermida