A Galipedia di que
O topónimo galego Lérez pode referirse a:
- O río Lérez, que desemboca na ría de Pontevedra.;
- Lérez, parroquia do concello de Pontevedra, a carón de dito río;
- Lérez, lugar da parroquia de Tenorio, no concello de Cerdedo-Cotobade, a carón de dito río;
- A ZEC río Lérez, área protexida do río Lérez;
- O río Lérez, afluente do río Barbanza;
- O Río Lérez, lugar da parroquia de Posmarcos, no concello da Pobra do Caramiñal, a carón deste río.
Pasei onte xusto camiño de Ribeira e a Pobra do Caramiñal e había un letreiro que poñía Río Lérez. Ou sexa que hai outro Río Lérez, pensei. E visto o contexto que estaba o letreiro, nuns montes que de alí aos cumios eran todos ermos, pensei de que vai Lérez. E a resposta foi instantánea:
Le-con, como acabamos de ver na entrada anterior e rez, non é celta, pero si res como xa vimos. Con cultivos, xa que logo, o cal podería contrastar con eses cumios ermos, que un pouco máis abaixo haxa cultivos, cuxa causa era, naturalmente, o río. De aí probablemente o nome do río.
- Log in to post comments