Goiáns, Goián

Submitted by admin on Sat, 08/14/2021 - 19:10

Tamén pasei onte pola igrexa de Goiáns en Porto do Son:

Igrexa de San Sadurniño de Goiáns

Pero xa pasara polo Pazo de Goiáns en Ribeira, uns días antes,

Pazo de Goiáns

 e hai uns anos visitara

Muíños de Ponte Goiáns en Boiro. Pero hai máis

A igrexa de Sarria

Igrexa Parroquial de San Miguel de Goián

e os Goián de Tomiño de carácter de construción militar. Así os exemplos divídense en dous:

- As igrexas Goián

-Os pazos e construcións Goiáns

Vexamos se é así, no listado

Goián
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
A Chousa Goián CORGO (O) Fonteita (Santiago)
A Escuela de Goián SARRIA Goián (San Miguel)
Antigo Transbordador de Goián TOMIÑO Goián (San Cristovo)
Camiño a Goián PADERNE Vilouzás (San Salvador)
Camiño a Goián PÁRAMO (O) Sa (Santiago)
Camiño do Vintesete a Goián PADERNE Vilouzás (San Salvador)
Campo de Fútbol de Goián TOMIÑO Goián (San Cristovo)
Colexio de Goián TOMIÑO Goián (San Cristovo)
Fonte de Goiáns BRIÓN Luaña (San Xulián)
Goián GUNTÍN San Romao da Retorta (San Romao)
Goián PADERNE Vilouzás (San Salvador)
Goián PANTÓN Ferreira de Pantón (Santa María)
Goián PÁRAMO (O) Gondrame (Santa María)
Goián SARRIA Goián (San Miguel)
Goián VILARMAIOR Torres (San Xorxe)
Goián de Arriba PÁRAMO (O) Gondrame (Santa María)
Goián dos Bídalos PÁRAMO (O) Gondrame (Santa María)
Goiáns BOIRO Lampón (Santiago)
Goiáns BRIÓN Luaña (San Xulián)
Goiáns de Arriba CARBALLO Goiáns (Santo Estevo)
Goiáns do Rego CARBALLO Goiáns (Santo Estevo)
Igrexa de Goián TOMIÑO Goián (San Cristovo)
Igrexa de San Sadurniño de Goiáns PORTO DO SON Goiáns (San Sadurniño)
O Eido de Goián TOMIÑO Goián (San Cristovo)
O Monte de Goián SARRIA Goián (San Miguel)
O Namelo de Goián PÁRAMO (O) Gondrame (Santa María)
Os Campos de Goián TOMIÑO Goián (San Cristovo)
Os Pasos de Goián CORGO (O) Franqueán (Santa María)
Ponte Goiáns BOIRO Boiro (Santa Baia)
Praia de Goián TOMIÑO Goián (San Cristovo)
Rego de Goián CORGO (O) Fonteita (Santiago)
Rego de Goián CORGO (O) Franqueán (Santa María)
Regueiro de Goiáns BRIÓN Luaña (San Xulián)

Dos 33 Goiáns dese listado 13 están situados nunha parroquia chamada Goián. 7 refírense a Goiáns de Tomiño, séguenlle 5 no Páramo, 4 no Corgo e 3 en Paderne e Brión.

Ademais, lembramos os Goyanes de Ribeira, claramente unha familia con castelanización de Goiáns, o que fai de forma descarada e displicente a wikipedia española tamén con varios deses lugares. Hai que lembrar que Goya é outra palabra parente, xa explicada en celtia.org

Pero habería que citar que o da wikipedia é o dereito á primeira animalada dita por un castelán que vén sendo, un monxe castelán, calquera, un xuíz vasco, un bispo extremeño ou un burro, simplemente, que non teñen nin idea nin de galego ou de celta (isto último evidente) e consideran que teñen dereito a cambiar o nome porque ese nome pertence ao seu mosteiro, ao seu xulgado, ao que sexa. É seu. Non importa que 300 xeneracións de galegos previas haxan mantido fielmente o nome. O dereito de pernada do clérigo ou funcionario castelán teñen máis forza. E así o recollen de modo españolista nacionalista supremacista na wikipedia. Só lles falta ter unha entrada con el niño de la guía. Ainda non a teñen, pero todo chegará, que os da wikipedia española son moi seus.

Definitivamente que é Goián?

Pois se ides a Goi e Goy en celtia veredes que é unha forma dialectal de Gui, oración ou orante. Da que está chea a toponimia galega, tan meapías que somos.Como o sei? Hai unha parroquia en Vilarmaior moi curiosa xa que cando te dirixes a buscala, nas estradas os letreiros oscilan entre Goimil e Guimil. E ainda Güimil.

Gui, guí, f. (gs. ~, pl. ~onna).1. vn. of guigh. 2. Prayer.  Prayer=oración. guigh, v.t. & i. (pres. guíonn, vn. guí).Pray.  Orar

E án o vimos moitas veces e é

án1, a1. Bright, brilliant; splendid, noble. Brillante ou espléndido, nobre.
Agora eu identifico brillante coas construccións relixiosas coma a de Sarria na que a luz deslumbra desde o val ou nas vistas previas ao outro lado do monte, dando unha sensación relixiosa, so por si mesma, pola luz. A luz é menor na Igrexa de Porto do Son, pero tamén a hai. En canto as construcións civís, está claro que o adxectivo que lles acae é o de nobre ou espléndido.
Sen máis, Goián na acepción relixiosa é Oración ou orar brillante (neste último caso, orar a un santo, a un enviado de Lug, deus da luz?) e dun pazo podemos dicir que é un edificio nobre (ainda que orixinalmente fose unha igrexa).