Escabia

Submitted by admin on Mon, 08/16/2021 - 00:22

A Escabia, Fruíme, Lousame di a Galipedia e o listado

Escabia
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Pista Polideportiva da Escabia LOUSAME Fruíme (San Martiño)
O Lavadoiro da Escabia LOUSAME Fruíme (San Martiño)
O Cruceiro da Escabia LOUSAME Fruíme (San Martiño)
Escabia, A LOUSAME Fruíme (San Martiño)
A Escola da Escabia LOUSAME Fruíme (San Martiño)
A Escabia LOUSAME Fruíme (San Martiño)
Pozas da Escabianca RAMIRÁS Santo André de Penosiños (Santo André)
A Escabianca RAMIRÁS Santo André de Penosiños (Santo André)

Se miramos no dicionario por moon-Lúa- temos

éasca » Moon.
 
gealach » Moon.
 
» Moon.
Estas  son Lúas en gaélico, ainda que hai máis-por exemplo Luán e Lúa. Pero non coincide con esca, ainda que case. Como vimos en moitas outras entradas éasca é irish actual, pero Esca é Old Irish.
Así que temos a metade da palabra. A outra é bia, que como vimos moitísimas veces significa alimentos, comida:
bia1, m. (gs. ~, pl. ~nna).1. Food.
Ou sexa que podemos traducir a palabra sen dificultade, pero non entendela. Que é comida da Lúa, a que se refire exactamente? Que tradición é necesaria coñecer para saber a que se refire? Que lendas acompañaban a esa tradición? Eran locais de Lousame ou Ramirás ou estaban máis extendidas? Se non sabedes desa lenda e desa tradición, inventádea e a publicaremos aquí...
Se hai algo na xeografía da zona que sexa algo parecido a unha Lúa comida, tamén teriamos o significado e o entenderiamos. Unha marca ou sinal permanente que sirve de referencia. Ou eran tan pobres que se dicía que se alimentaban da Lúa.
Despois da noite, coma outras moitas veces, amanezo cunha solución a maiores, probablemente a verdadeira:
 
En Lousame, en Ramirás é outra palabra parecida, pero distinta, existía a tribu dos Escabia, do que queda a capital Escabia e moitos outros puntos das súas zona de pertenza. Que os identificaba? Pois o símbolo dunha Lúa de cuarto crecente, dunha Lúa comida. Xa o sabedes, os que vivades en Escabia ou en Lousame, que tedes na Lúa de cuarto crecente un dos vosos símbolos milenarios.