Como dicían os castrexos "Cabo do Mundo"

Submitted by admin on Wed, 08/18/2021 - 18:55

Este é un longo exemplo de como un pode deducir a tradución desde o celta dunha palabra da toponimia galega. Moitas veces sabemos que significa, pero non a entendemos. Fáltanos contexto, non estamos suficientemente  espelidos para entendelo. E menos se o facemos desde unha cadeira ou cátedra. Nese caso preguntariamos que dixo Untermann? Que dixo este francés que teño na punta da lingua no verán de 1857? Que dixo quen? Cantas citas podo poñer a pé de páxina para ilustrar as parvadas que digo?

Desde logo, na túa vida se che ocorrería ir ata a EcoMuseo de Arxeriz a atopar algunha solución. Que saberán estes indoutos... Non digamos achegarte a Igrexa de Fión...

Pois foi o que eu fixen. Dentro duns días estarán aquí as imaxes incribles do Ecomuseo de Arxeriz, do Pazo de Arxeriz e do Castro de Arxeriz, sen desbotar as imaxes ainda máis incribles da humilde igrexa de Fión e do Miradoiro de Fión-Cabo do Mundo. Nelas saberás como chamaban os castrexos ao Cabo do Mundo.

E podedes imaxinar a secuencias de feitos. Paguei a entrada, despois de buscar a ruda, como non, entre os quizais centos de herbas medicinais da entrada do Eco Museo. Non a atopei. Como sabedes a ruda está ligada a celtia. org porque tamén descubrimos que Rubián era ruda abundante en celta e Rubiás,...

Preguntei pola ruda, como non, e a responsable da entrada faloume dun refrán galego positivo, esta vez, sobre a ruda. Algo así de que se tes moita ruda na casa, tes moitos anxos. Tamén me dixo onde estaba; é a terceira por abaixo. Ademais de contar o que se podía ver alí. Xa non chegarei a ningún máis dos puntos que tiña planificados. Vaia!

Pero ao entrar fun de asombro en asombro, vendo o museo de lanchas de río e de artes de río no Miño. Vendo o Pazo. Vendo o castro de Arxeriz. E non so o castro, senón que desde o castro víase o Cabo do Mundo. Un dos moitos carteis explicativos dicía que ese lugar era propiedade da Fundación X dun señor que tiña como segundo apelido Fión (como a igrexa que tiña pensado ir). Pensei está claro ón  traducino hai poucos dias como un e fí, que ven sendo fí?

Mireino no dicionario máxico e significa

1, f. (gs. as s. ~, as vn. fite). 1. vn. of figh. 2. Weaving, weave. E

figh, v.t. & i. (pres. fíonn, fut. fífidh, vn. , pp. fite).Weave.

Que eu traducín por ondulación. Outros dicionarios falan de tecer (xustamente facendo weaving, ondulacions dos fíos arriba e abaixo que os entrelazan entre si -por exemplo os verticais cos horizontais-formando un tecido). Sexa o tecido de liño, ou o que se fai coa agulla de gancho, ou calquera tipo de cesto de vimbios, ten que ondularse o material para facer o obxecto.

Despois mirei os terreos arredor do castro e por un lado hai unha enorme pendente cara ao río pero polo lado contrario hai terreos ondulados... Ajá, dixen para min, xa sei que é Fión unha ondulación do terreo.

Así que ao saír díxenllo á da recepción do Eco museo. Fión significa isto, pero sabes se na igrexa de Fión hai ondulacións do terreo? Respondeu en todos lados hai ondulacións do terreo. Pensei, si, ten razón, unha ondulación do terreo, común e corrente, non é algo destacable. En Galicia hai cen mil lombas do terreo e ondulacións. Non poden dar lugar a un nome celta en particular sendo ademais tan preciso: UNHA ondulación.

Pasei pola tarde pola igrexa de Fión. Resulta que esa Igrexa está a cen metros do Miradoiro de Fión-Cabo do Mundo. Desde eses dous sitios podes ver o Cabo de Mundo.

E que é o Cabo do Mundo en si mesmo? Como o describirías? Como unha ondulación do río Miño. Precisando máis se nun tecido feito por weaving tes que facer un montón de ondulacións, no caso do que vemos estamos vendo nada máis ca UNHA semellante a UNHA das que tes que facer cando teces. O fío vai e volve na dirección contraria. So.

E por que a Igrexa e o lugar da Igrexa se chaman así? Naturalmente porque ese é o único lugar onde ver o weaving completo. Desde outros lados coma no castro ves parte do río, non a figura completa. So ves o weaving ben na igrexa ou no miradoiro.

En fin, cal é a resposta á pregunta do título? Os castrexos, expertos tecedores de liño ou cestos, viron no weaving do río Miño unha ondulación. Víase desde un lugar que chamaron Fión, unha ondulación, dándolle un nome coñecido por eles a unha visión especial, asombrosa e única do Río Miño. Non é calquera.

Así que te achegas ao cartel do Miradoiro que di Miradoiro de Fión-Cabo do Mundo e só tes que poñer un = entre Fión e Cabo do Mundo para saber como dician os castrexos Cabo do Mundo. Ademais xa sabes o porqué desa igualdade!

Igrexa Parroquial de San Lourenzo de Fión  e Miradoiro Cabo do Mundo en novacarta.eu ademais de

Ruta Botánica do Pazo Museo de Arxeriz

Pazo de Arxeriz

Castro de Arxeriz

EcoMuseo de Arxeriz