Abuime

Submitted by admin on Thu, 08/19/2021 - 17:18

O Dolmen de Abuime en novacarta.eu indícanos porque é un lugar coñecido no Saviñao. Visiteino onte e esas imaxes o contan. Que é Abuime?

Dado que ten buí, amarelo, e os campos rebosantes de herbas vense neste momento do ano vestidos de amarelo a opción inicial sería falar dese amarelo. Pero sempre que se poida buscar unha palabra máis longa debe ser a preferida, ao meu entender. E habela, haina.

buime, f. (gs. ~, pl. -mí). Foster-mother, nurse. Isto é: Madre adoptiva, enfermeira. Primeira tradución pero enfermeira non se adapta e, indo a outro dicionario, temos os significados seguintes

a woman who has the general care of a child or children; dry nurse.

Ou to suckle a child, especially one's own.  Amamantar ao un neno, especialmente aos propios. 

No Dolmen de Pedra Moura, en Carballo, hai unha lenda que di que a pedra foi traída por unha moura, que a trouxo na cabeza mentres fiaba nunha roca e daba de mamar a un bebé. Era a mesma moura a de Abuime? Estamos vendo os rastros da mitoloxía e historias neolíticas celtas galegas? Moura ou Abuime? A Virxe do Leite?