Castillón

Submitted by admin on Thu, 08/19/2021 - 22:24

Hai moitos Castillón en Pantón

Castillón
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Os Castillóns BOQUEIXÓN Sergude (San Breixo)
Castillón INCIO, O Reboiro (Santa María)
Reitoral de Castillón PANTÓN Castillón (Santiago)
O Campo da Festa de San Vicente de Castillón PANTÓN San Vicente de Castillón (San Vicente)
O Campo da Festa de Castillón PANTÓN Castillón (Santiago)
Igrexa de Santiago de Castillón PANTÓN Castillón (Santiago)
Igrexa de San Vicente de Castillón PANTÓN San Vicente de Castillón (San Vicente)
Cemiterio de Santiago de Castillón PANTÓN Castillón (Santiago)
Cemiterio de San Vicente de Castillón PANTÓN San Vicente de Castillón (San Vicente)
Castillón PANTÓN Castillón (Santiago)

Estiven comendo onte na Reitoral de Castillón. Na factura poñen como símbolo tres torres de castelo. Entenden, entón que Castillón ven de Castelo e ainda grande, posiblemente. Nas imaxes de novacarta.eu vese que teñen unha fonte e aínda un estanque na reitoral (a última foto). Contaron que o lugar foi un Pazo. Que os donos donárono á Igrexa, de aí o de Reitoral.

Pero pregunteille aos camareiros que se había alí ou nas proximidades unha fonte ou provisión de auga e dixeron que si, que había na vila unha pía de auga permanente, cunha fonte.

Solución celta Casti veña de castelo ou veña de castri non é celta. Pero o llón ten moitos boletos para ser o mesmo llón de Anllóns, Castrillón, Bellón, Belón e demais llóns e lons. Como xa vimos. A pouco dalí hai un castro da Xesteira, polo que, posiblemente, ese Castillón sexa un Castrillón que perdeu o r.

Pola mesma Reitoral, co seu estanque, e polas fontes especiais que hai na Vila, próxima a San Vicente de Castillón, o llón fala dunha provisión de auga.