A datación dos petróglifos

Submitted by admin on Tue, 09/07/2021 - 14:07

O guía da visita aos petróglifos de Vilarmaior falou da súa datación. Lembrou que:

-Na pedra granítica non hai carbono 14 de datación que vaia.

-Pero o feito de ver reflectidas armas nos petróglifos, armas das que sabemos a súa época por estar en tumbas e sepulcros que si poden ser datados con carbono 14, permítenos dicir que os petróglifos son da idade de bronce, de hai 4000 anos. Un argumento de de la Peña para datar os labirintos galegos coma os máis antigos do mundo. Segundo de la Peña petróglifos coma os de

Petroglifos do Castriño de Conxo permitenos chegar a esa deducción.

Eu discutinno suavemente nos "Laberintos galegos" poñendo unha imaxe de cervo e os círculos da catedral dos petroglifos galegos, en Campo Lameiro, indicando que as marcas no caso do cervo son "recentes", milenarias, e as dos círculos son antigas, gastadas, e multimilenarias. Esta argumentación, menor para o guía, permitía datar sen problema todo na idade de bronce. É a tese oficial na arqueoloxía galega.

Pero as imaxes valen máis que mil palabras. Mirade en novacarta.eu as imaxes do cervo e dos círculos e veredes que estou no certo (fotos do final). O cervo ainda está "fresco", cos bordos afiados e os círculos, vellos e desgastados. Hai milleiros de anos de diferencia entre os dous petróglifos.

Complexo Inscultórico Rupestre Nº1

Sen embargo o contraexemplo á teoría de todo na idade do bronce é Foz da Coa. Unha estación de petróglifos no norte de Portugal, cuns recintos de explicación e documentación impresionantes, e que explican que durante os 20000 últimos anos os seres humanos da zona fixeron gravuras na pedra de tipos e idades moi diversas. De feito algunhas teñen menos dun centenar de anos. Isto o guía sabíao tamén: está claro que se vemos cruces na zona dos petroglifos son actuais, para "cristianizar".

En resumo, en que quedamos, resulta que todo o mundo gravou e pintou durante 20000 anos e ainda segue a pintar, agora con spray as estacións rupestres (podedes velo en Nostián con xigantescas datas poñendo aqui estiven o día tal...) e temos que tomar como un dogma que todos os petroglifos, ainda de distinta catadura, coma círculos e armas están nun milenio moi especial, onde so nese milenio se grava?

Falou tamén da existencia de petróglifos atlánticos (en Irlanda e Escocia, en Nottingham, en Inglaterra hai círculos concéntricos, pero non armas e non animais, explicando e demostrando que non son da mesma época. Localmente poden estar xuntos, pero globalmente non). E na miña opinión están feitos polos galegos que repoboamos esa zona hai miles de anos e só debuxabamos iso, círculos e coviñas. Nese momento.

Un asistente dicía que os círculos representaban castros ou precastros... co seu camiño real ao centro e os niveis de murallas. Hai moitas teorías. Eu puxen unha teoría exótérica sobre eles nos "labirintos galegos". Hai máis. Unha teoría no Palais da Decouverte , en París, propón o seu deseño como reflectir un fenómeno óptico natural. Só tedes que ir a sala de óptica para velo. Outra en Newgrange propoñía que todos os "artistas" tomaban a mesma droga que lles permitía ver o mesmo...

Que a datación dos petróglifos galegos está mal feita é o eixe central dos "labirintos galegos", para demostrar que eles son os máis antigos do mundo.  Como dicía de la Peña, pero non usando un razonamento espúreo de que que todo o que está ao lado no espazo ten unha orixe preta no tempo. O mellor exemplo son os museos, como o de Pontevedra, que coñece ben, que mesturan nun mesmo espazo obras humanas de moitos centos e miles de anos de diferencia.