Eu supoño que esta foto dun libro publicado polo British Museum co motivo da exposición "The Celts", que visitei, debería remover as conciencias dos duros anticeltistas galegos. Pero non vai ser así. Non chegaría nin que lle traeras un celta galego de hai 2000 anos e o poñas a falar con eles (xa que as viaxes no tempo ainda non se dan e os anticeltistas o son para non ter que aprender celta e ter a liberdade de poder inventar a historia ao seu gusto, chea de prerromanos e castrexos non celtas).
Ben, pero a min si me serve e moito porque xustifica que a lingua celta atlántica orixinalmente era a galega, polo que o "pecado" de utilizar un dicionario de gaélico á toponimia galega está plenamente xustificado. Moitas palabras da toponimia foron creadas nun momento en que en Galicia falábase a mesma lingua que en Irlanda, así que é a única posibilidade lóxica de atopar un significado con sentido da toponimia é mirar na lingua máis próxima actual á falada no seu tempo en Galicia.
Ademais, estamos falando dunhas raíces lingüísticas multimilenarias. Non estamos falando da invasión de celtas de Hallstatt. Estamos falando de celtas que viviron aquí desde "sempre" e formaban unha comunidade atlántica celta desde "sempre".
Cando se celebrou A Voz destacaba que a exposición afondaba en que os celtas non eran xeneticamente un único pobo. Matizo, os do atlántico si eran xeneticamente un pobo os da "Original celtic language zone" pero os galos, ligures, gálatas, celtas de Alemaña e do centro de Europa, non, claro. Así que a frase ten sentido en si, pero non asegura que os irlandeses non sexan galegos. Eran celtas coma os galegos, falaban a mesma lingua e tiñan a mesma estirpe. Pero había outros pobos que adaptaron a cultura e a lingua, suponse, que porque facelo lles daba certas vantaxes, como hoxe en día aprendemos inglés. A lingua franca europea era o celta. Despois foi o latín. Hoxe é o inglés.
- Log in to post comments