A palabra deán existe en galego actual e refirése a un tipo de cura. Ten polo tanto uns centos de anos- Di a RAG
deán substantivo masculino Cóengo que preside o cabido nas catedrais. O deán de Santiago.
A Galipedia o confirma
Deán é un cargo relixioso, ostentado polo cóengo que preside o cabido dunha catedral[1]. Como topónimo pode referirse a:
- Deán, lugar da parroquia de Figueiroa, no concello de Cerdedo-Cotobade;
- Deán Grande, lugar da parroquia de Ribeira, no concello de Ribeira;
- Deán Pequeno, lugar da parroquia de Ribeira, no concello de Ribeira;
- Santiago do Deán, parroquia do concello da Pobra do Caramiñal.
Nin en Cerdedo, nin en Ribeira, nin no Caramiñal hai catedrais, así que, que é deán na toponimia?
O meu listado de toponimia o reconfirma
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Fonte Deán | CERDEDO | Figueiroa (San Martiño) |
A Horta de Xandeán | RIBEIRA | Ribeira (Santa Uxía) |
Andeán | MELIDE | Abeancos (San Salvador) |
As Regas Deán | CERDEDO | Figueiroa (San Martiño) |
As Verdeáns | CAMPO LAMEIRO | Fragas (Santa Mariña) |
Camiño de Deán Pequeno | RIBEIRA | Ribeira (Santa Uxía) |
Candeán | PASTORIZA (A) | Bretoña (Santa María) |
Candeán de Abaixo | VIGO | Candeán (San Cristovo) |
Candeán de Arriba | VIGO | Candeán (San Cristovo) |
Deán | CERDEDO | Figueiroa (San Martiño) |
Deán de Abaixo | RIBEIRA | Ribeira (Santa Uxía) |
Deán de Arriba | RIBEIRA | Ribeira (Santa Uxía) |
Deán Grande | RIBEIRA | Ribeira (Santa Uxía) |
Deán Pequeno | RIBEIRA | Ribeira (Santa Uxía) |
Landeán | TABOADA | Vilameñe (Santa Mariña) |
O Candeán | MELIDE | Campos (Santa María) |
Perdeán | NEVES, AS | Taboexa (Santa María) |
Río de Sandeán | PORTO DO SON | Goiáns (San Sadurniño) |
Verdeáns | ENTRIMO | Entrimo (Santa María a Real) |
Pois deán é
deán, m. (gs. -áin, pl. ~ta). Channel (in strand at low tide). Canle (en fío coa marea baixa).
Andeán A Canle
Candeán Canción da canle
Sandeán (xandeán). En canle
Landeán. Moita canle...
Perdeán e berdeán, xa que Per e ber son raíces indoeuropeas de carry, levar, significan levan canle, teñen unha canle de auga, fixéronlle unha canle de auga.
Desde logo Fonte, horta e regas acompañando a Deán son compatibles con que estea falando dunha canle de auga. Ainda que polo que se ve aquí non significa unha canle mariña coma en Irlanda.
Ainda que hai unha segunda posibilidade de déan con significado de do ou make, en resumo facer. Alguns lugares Deáns eran lugares de fabricación? Estaban alí os fabricantes e enxeñeiros celtas de hai 2000 anos?
- Log in to post comments