Baa

Submitted by admin on Sun, 09/12/2021 - 23:04

Xa que falamos do río Saa na entrada de Brollón, imos aventurar que é Saa. É celta?

Pero non se ve en Irlanda. É unha característica galega. Ben imos ver, Sa significa en. E ese a, que di algo importante, senón non se diría, que pode estar dicindo?

A verdade é que dinlle voltas e voltas e atopei unha posible solución xeográfica hai moi pouco. En Seiruga. Cando estaba escribindo a solución, de que indica que o río esta a nacer, en nacemento. Mirei  o mapa de Seiruga é parecía que si, que nacía preto de alí, nas Torres de Bens. Pero non era certo, se ampliamos o mapa parece que vemos que alí nace un río único. Pero non é así se o ves en Google maps. A o Río os dous mapas chámanlle Río de Esteiro, pero en Google maps vense que acumula varios regos, o Rego de Camarada, o Rego do Agro, un extenso río de Vaa, un rego da Chanca, do Agro, de Riotorto, de modo que en conxunto o nacemento ali preto do río do Esteiro parece dubidosa. Pero a clave está no Río Vaa. Ou Río Baa. Ba, significa pasado, era. Era a pero a debe ser importante pero non sabemos que é. A miña hipótese é que está dicindo que o río Baa (Seguramente o nome antigo do Esteiro) era un único río e ese a, nesa posición significa un. Co tempo naceron ou se desviaron varios regos e o resultado é que non hai un único río.

Nesta hipótesea a despois de Sa ou Ba significa un. Algo múltiple  que hai e que se convirte en un ou que era un e se convirte en varios.