Porque era útil o topónimo Saa. Saa desde o gaélico. Que pasa con Sa

Submitted by admin on Tue, 09/14/2021 - 16:06

Porque era útil o topónimo Saa.

Para iso temos que rememorar que hai 2000 anos e antes os celtas galegos non tiñan mapas. Tiñan que referenciar os lugares por características xeográficas, en relación a outros, porque producíanse feitos destacables alí,  etc.

Así que pasa se estamos dicindo o lugar no que conflúen os ríos Miño e Sil, estamos falando dun sitio preciso, localizable sen discusión e que cuns certos coñecementos sobre ambos ríos permitirache chegar á cita que teñas marcada cun amigo. Tal e como se diras unha posición GPS hoxe. As citas en Saa son seguras. Son un punto de encontro dos aeroportos ou de lugares grandes.

Revisados todos os Saa en novacarta.eu (En Buscar poñedes Saa) podemos asegurar que todos os puntos Saa son puntos próximos, ben a unha confluencia de camiños que se funden nun, ben a unha confluencia de ríos que se funden nun. Parece logo que o sistema funciona.

Na aldea dos meus avós falábase de ir ao cruceiro para ir a Campolongo, e ainda que é certo que había un cruceiro moderno, eu penso que era e é unha reminiscencia de Saa: As estradas de Miño-Pontedeume e Monfero-Pontedeume únense en Campolongo no Cruceiro. No Saa.

Unha comprobación in situ

Se ides a novacarta.eu tedes dous lugares Saa en Pobra de Brollón (que están moi próximos)

Igrexa Parroquial de Santa María de Saa

 pero a comprobación a temos na entrada Saá na que dous ríos xuntanse na zona da área recreativa Saá
Podemos ver como en Saa xúntanse os ríos Forgas (esquerda) e que na primeira foto ten unha minifervenza e o río Lebrón (dereita)  Ademais, se ides ao concello de Pobra de Brollón podedes ver como tamén se xuntan dous ríos na zona do concello. O curioso é que a área recreativa Saa, que contén a unión dos ríos, ten unha posición GPS en Turismo e Novacarta que é iso, a definición do nome Saa, En un. Porque o lugar Saa é moito máis amplo, pero a orixe está alí, na área recreativa. Nese punto GPS.

O aspecto máis abraiante do asunto e demostración do significado é que o río resultante chámase Saa (en un ou unión dos dous ríos). Como sempre haberá que quera máis probas: pois hainas. Cando Saa chega a Pobra de Brollón e xúntase co Río Rubín. Aí o río resultante non cambia de nome, segue a chamarse Saa (en un) como é lóxico, pois simplemente reafirma o significado (realmente varias veces en un, unión de ríos).

 

Saa desde o gaélico, desde a lingua.

a3, particle used with non-adjectival numerals. (Prefixes h to vowels) A haon, a , a trí, one, two, three. A ceathair déag, fourteen. Fiche a cúig, twenty-five. Uimhir trí chéad fiche a haon, number three hundred and twenty-one. Séamas a , James the Second. Eoin Fiche a Trí, John the Twenty-Third. Bus a seacht, the (number) seven bus; the seven (oclock) bus.

Hai un a (0 3 do dicionario) que se usa con números. En un en gaélico actual podería dicirse Sa a haon, case un triple a que se converte en Saa. Abréviase en Saa. On vímolo en fión, un sufixo significando un.

Que pasa con Sa

Pois Sa ten todos os boletos de ser unha segunda abreviación de Saa. Para que vou dicir Saa se non sei que significa e ademais é máis breve e lóxico dicir un so a: Sa. Como unha segunda posibilidade, pode ser que ese Sa tivese unha segunda palabra que desapareceu co tempo.

Pero haber hai moitos Sa, di a Galipedia

Parroquias

Lugares