Mieres

Submitted by admin on Sat, 12/25/2021 - 00:21

Seguimos pola estrada N-625 de Riaño cara Asturias e, se nos desviamos, iremos atopar a cidade de Mieres (desde León, mellor ir por Pajares). A Galipedia conta que

O municipio aséntase no val do río Caudal, que forma unha estensa chaira de aproximadamente 220 m de altitude media, e que acada case 1 km de anchura como máximo. Está limitado a ambos lados por cordais de altura mediana (arredor de 800 m nos cumes), altitude que se pode superar nas serras sitas ao norte onde se localiza a cota máxima do municipio, o Pico Burra Blanca, con 1.160 ms

Vemos que o lugar cultivable é de 1 km de anchura máxima limitado por cordais de 800 metros de anchura ou ata 1160 metros. Moita área cultivable no arredor non ten. Pois iso é o que significa Mieres en celta:

mí-4, pref. Bad, ill, evil, dis-, mis-, un-

res en celta galego, asturiano e español era cultivo

Así que Miires ou mellor Mieres significaba malos en cultivos, con cultivos cativos e non suficientes para a poboación da zona, e con pouca luz solar, tamén.