Cospeito é un concello da Terra Chá. A Galipedia di que
O topónimo galego Cospeito pode referirse a:
- Cospeito, concello da provincia de Lugo;
- Cospeito, parroquia de dito concello;
- Cospeito, lugar da parroquia de Santo André de Logares, no concello da Fonsagrada.
O que coñezo e está en novacarta.eu é o Concello. Pois estamos en plena Terra Chá e, de pronto, vemos un promontorio, preto do edificio do Concello e da zona sanitaria no que hai un pico pequeno, un pequeno promontorio, incluso cun bar que ten no tellado un miradoiro de case toda a Terra Chá ata o horizonte.
Cos, dixémolo cen veces, funciona como ladeira dos montes e montañas na toponimia. Onde hai montes alí? en ningures agás no miradoiro que ten unha pequena costa.
Temos péic, f = péac1. E
péac1, f. (gs. péice, npl. ~a, gpl. ~). 1. Peak, point Pico, punto
tóg, v.t. & i. (vn. ~áil, pp. ~tha).Lift, raise; take up, take. Levantado, participio. Nalgún momento diriase Cos peic tha que agiornouse a Cospeito. Nesa hipótese o lugar foi levantado polos homes? É un mound irlandés como Newgrange, cun interior descoñecido?. Ou ben dicíase Cos Peic Tóg e é algo natural que os homes contemplan, pero non levantaron? A maioría, apostará por esta última versión, supoño.
Ou sexa que Cospeito é o lugar identificable porque se levanta un pico nel -nun lugar visible e identificable a kms de distancia, que non hai máis na zona-e na ladeira dese pico está o lugar. Fácil de chegar sen indicación ningunha. A onde vas? Alí, a feira do Monte, a Cospeito, non o ves? Na ladeira do pico que se levanta alí.
Estamos falando dunha descrición xeográfica precisa. Que se refrexa en novacarta.eu
Miradoiro de Feira do Monte
Se pinchades nese enlace veredes como ese miradoiro domina toda a Terra Chá, estamos nun pico e na ladeira, a poucos metros, tedes o concello de Cospeito.
O propio nome alternativo de Cospeito, Feira do Monte, fala dun monte. No mapa do enlace anterior podedes ver que a única terra que sobe algo (que está pintada en gris) é a zona da igrexa, o concello, o edificio Sanitario e do propio miradoiro. Ese é o monte ou pico que se levanta solitario da terra e do que fala Cospeito.
- Log in to post comments