Torrentes do Mácara

Submitted by admin on Wed, 12/29/2021 - 14:05

Hai poucas referencias á beleza dos lugares no toponimia en Galicia. Debian estar os nosos antergos moi atarefados para sentila. E ainda esta é indirecta. Que son e de que fala a tradución?

Pois non vos poido poñer o enlace da Galipedia porque non existe! Coma noutros lugares só existe en novacarta.eu

Torrentes do Mácara 

Un lugar dos de máis beleza "amiga" de Galicia. En Galicia hai moitas, centos quizais, de fervenzas. Altas e bravas. Pero aquí, un río coma o Ulla, feito e dereito, fai pequenas fervenzas que dan lugar a pequenas lagoas que encandilarian aos nazaríes de Granada e seguro que as rodearían cunhas murallas de prata como quería un primeiro ministro inglés facer en Ferrol. So tedes que mirar as imaxes.

E agora que explicamos que é, explicamos que significa

má-planicie, lugar plano, cada unha das lagoas. Nas que é factible bañarse sen peligro. O tipo de lugar que as películas americanas poñen nas illas salvaxes do Caribe ou Oceanía.

cara-amiga

Planicies amigas, xa que logo, planicies amigables, nas que é posible bañarse. Despois de ler esta entrada espero que vaias  a Melide, ou a Palas de Rei e te dirixas ás proximidades dos torrentes de Mácara. Ainda máis se estás a facer o Camiño de Santiago nun día de calor abafante e queres limpar o suor e o po do camiño.