Valdriz non existe na Galipedia, e non existe no listado de toponimia, pero si nos xornais. A Voz de Galicia fala de Valdriz, en Láncara, e da empresa eléctrica Valdriz.
Na entrada driz identificamos dris con espiño, con plantas molestas. Así que Valdriz vai do poético camiño -de monte- de espiñas, de espiños. Agora non debe ser tal pois os xornais falan dunha urbanización Valdriz á que se chega cruzando a ponte Valdriz, en Láncara, indo pola rúa Valdriz, que, con toda seguridade non ten ningún espiño, actualmente, na zona.
- Log in to post comments