A Galipedia di onde o hai e ademais o explica:
O topónimo galego Añón ("aña grande") pode referirse a:
- O Añón, lugar da parroquia de Bértoa, no concello de Carballo;
- O Añón de Berdillo, lugar da parroquia de Berdillo, no concello de Carballo;
Amais, como apelido pode referirse a:
- Nicolasa Añón Paz, poeta galega (1810 - 1887);
- Francisco Añón Paz, poeta e xornalista galego, irmán da anterior (1812 - 1878);
- Manolo Caamaño Añón, artesán ceramista e escultor galego (n. 1950);
- Teresa Añón, pintora e escultora galega;
- David Añón González, futbolista galego (n. 1989).
Imos, xa que logo, a discutir a falacia de "Aña grande"
Un topónimo celebra un lugar identificable no tempo. Non se crean topónimos para que aos dous días non teñan sentido e caian en desuso. Se un día había unha ovella grande alí, en poucos anos morre e o topónimo non permanece e ademais, non ten sentido práctico, agás que os galegos sexan de natureza estúpida, coma xa teño dito.
En segundo lugar un topónimo celebra un lugar no espazo. Cal? Para unha ovella móbil, as crías moveranse por unha zona extensa. A que lugar sinalan? Xa que logo que sentido ten referenciar unha zona -indefinida- de varios Km2 nos que pode vivir unha aña grande.
E relacionado con este argumento, un topónimo debe identificar un lugar localizable (e maís se non temos mapas para fixalos neles). Pensade en Cospeito, un lugar cuxo nome identifica un lugar da mesma forma que se diramos a localización en GPS. É útil porque permite velo e identificalo a kms de distancia, como se tiveras Google Maps na idade de bronce. Ou un compás e a orientación. O topónimo é unha axuda indispensable para localizar o lugar. O topónimo é útil, ten utilidade para quen o usa.
Dito isto, que significa Añón?, pois simplemente pon freixo na busca e verás onde aparece, en Niñóns, en Nión. Estamos falando, xa que logo, de "o freixo", A Nión, (ou An nión) que como é tradicional en galego, convértese en Añón, substituíndo ni por ñ.
Agora pasémoslle o test que acabo de crear:
1-As árbores poden durar centos de anos. Os carballos desde logo. Pero incluso outros vanse reproducindo no mesmo lugar. Onde había freixos seguirán a habelos. Permanecen no tempo, xa que logo.
2-As árbores permanecen no mesmo espazo, non se moven. En moitas xeracións poden desprazarse lixeiramente, pero case seguro que o centro será o lugar orixinal.
3-O freixo é unha árbore alta e visible a kms de distancia. Ten a característica de "lugar GPS", coma Cospeito. É unha "estrela de Belén" que guía aos camiñantes cando non hai ou non utilizamos mapas. Identifica singularmente o lugar.
O Añón de Berdillo identifica algo localizable pero moi preciso na parroquia de Berdillo. Unha cría de ovella grande non precisa nada.
Por último, recorremos á compoñente relixiosa celta e temos que hai un motivo máis, A Nión, é conveniente e ten sentido celebralo porque os peregrinos crentes celtas poden orar xunto as árbores. Un lugar relixioso identificable.
- Log in to post comments