Estaba contando que era a herba dona a un criador de frores e herbas e rapidamente di:
Algo así como belladona. Pois non, a belladona ten opio que dilata e embelece as pupilas das donas. A herba dona " por mor a que o seu zume provoca un intenso lagrimexo, coma se se tratase de fume, así como polo seu cheiro, que tamén se lle asemella.", simplemente é unha mala herba.
" Cómpre evitar a sobredose, pois os alcaloides que contén resultan cardiotóxicos en doses elevadas. ". A herba, en principio, non ten nada que ver especialmente coas donas, coas mulleres, coma no caso da belladona. Si que ten que ver con que produce efectos desagradables, incluso perigosos.
Dona significa mala en celta, así que nos nomes das herbas claramente "herba dona" é unha herba mala e as múltiples "donas" galegas quedan para sospeita do seu verdadeiro significado. Contado isto non podedes ver a xenreira que produce nun "prerromano" convencido -o "prerromano" é o partidario de que só existiron dúas épocas antigas en Galicia a "prerromana" e a romana. A Prerromana é ignota, chea de espantallos e homes brutotes e da que é mellor esquecer todo e a romana é unha época chea de luz, claridade, tombos, textos, donos de fincas, mosteiros, monxes e monxas, igrexa e latín. En Lugo, a cidade do deus celta Lug, a cidadanía quere ter cinco ou seis museos romanos e un xigantesco, ademais, e ninguén pide un museo celta. En realidade hai museos romanos de aqui a Estambul, pasando por miles de vilas romanas pequenas e grandes en todos os sitios intermedios: 5000 museos romanos no mediterráneo sería unha cifra conservadora. Museos celtas non hai ningún.
Os partidarios dos "prerromanos" son multitude. Dos celtas escóndense. Están mal vistos. Razón pola que a "dona" celta será anatemizada, vilipendiada e declarada inexistente polos que non cren nela, nin no pasado celta galego.
- Log in to post comments