Callobre

Submitted by admin on Wed, 05/04/2022 - 16:00

Callobre é celta claramente, decímolo todo o mundo. Porque? A súa terminación en Bre, altura, alto, visión ampla, vimos a veces.

Pero que pasa con Callo? Pois non existe en celta, pero si

call1, m. (gs. ~).1. Call, need. 2. Claim, right. Pero non encaixa demasiado ben.

Regina Viarum, Raíña, Reina e Camiño

Submitted by admin on Mon, 04/18/2022 - 00:37

Hoxe na comida que fixemos na Casilla, en Betanzos, coa correspondente e sabrosa tortilla de Betanzos, tomei un viño Mencía da Ribeira Sacra chamado Regina Viarum, en latín, Raíña do Camiño. E pensei, esta xente tivo unha chispa de contacto co insconsciente tribal colectivo galego (que diría Jung) e acertou plenamente co nome. Dígoo así para aumentar o interese e misterio do tema.

Donón

Submitted by admin on Fri, 04/15/2022 - 13:41

No castro de Donón, no Santuario de Berobreo e no Monte Donón había un santuario para eivados e petición de axuda aos deuses. Acabamos de ver que donaire é desgraciado en celta. Parece que donón ten que ver con desgraciados (donaire) que van ao templo a pedirlle ao deus a cura.

Donón era útil para as persoas desafortunadas, como se di en celta?

Pois

donaire

Submitted by admin on Fri, 04/15/2022 - 13:33

Di a RAG que donaire substantivo masculino Calidade de quen se move con elegancia e desenvoltura, particularmente ao andar.  En celta?

donaire, m. (gs. ~, pl. -rí). Wretch.

Ou sí ou non

Submitted by admin on Fri, 04/15/2022 - 12:27

Todos sabemos da ambiguidade do galego respecto a unha pregunta, Si ou non? Quizais. Pois esa ambiguidade é celta. Non tiñan unha resposta clara si ou non. Hai preguntas en matemáticas que non teñen unha resposta clara de si ou non. Non só depende do contexto. O teorema de Godel di que sempre poderemos, nun sistema axiomático adecuado, atopar proposicións indecidibles nesa axiomática. Nunca poderemos dicir desas proposicións que son verdadeiras ou falsas.

Fail

Submitted by admin on Thu, 04/14/2022 - 11:24

Non hai moitos, polo que a opción de comparar significados é máis imprecisa. Hai un en Mondoñedo.