Sarandón, Sarandós

Submitted by admin on Fri, 08/11/2023 - 14:29

Comezamos por Susan Sarandon. Susan Abigail Tomalin, nada o 4 de outubro de 1946 en Nova York, máis coñecida por Susan Sarandon, é unha actriz estadounidense. O nome é o do seu marido, de orixe grego. Nada celta, polo  tanto.

O listado di:

Broncedo, Bronceda

Submitted by admin on Sun, 08/06/2023 - 21:21

Hai 781 topónimos, na miña lista, con "ced". Así non é so Carracedo/a, Salcedo/a, etc Hai moitísimos máis que nos invitan a traducilos. Como xa expliquei como vai non cómpre explicar unha a unha as 200 palabras distintas. Pero imos ver un exemplo Bronceda/o

Noceda, Nocedo

Submitted by admin on Sun, 08/06/2023 - 18:56

Parafrasearei a entrada anterior pois estas son as palabras duais de Salcedo/Salceda, no mesmo sentido de informarche de como é o paso ou camiño: Se en Salceda os augurios eran bos, en Noceda, Nocedo están augurando dificultades no paso. Cales, de que tipo? Pois veremos, por exemplo, un Noceda que coñezo:

Salceda, Salcedo

Submitted by admin on Sat, 08/05/2023 - 16:30

Como xa contamos, a ambiguidade o/a final dunha toponimia galega como en leiro/leira indica que estamos diante dunha latinización final en o ou en a dunha palabra celta, dependendo de que os falantes da zona pensen que a palabra é feminina ou masculina.

Onde hai? A Galipedia di que

O Monte Viso

Submitted by admin on Sat, 08/05/2023 - 15:19

Realmente, xa estudei, aquí, a palabra Viso:   Viso. Nesa entrada están os principais Visos galegos, pero, xustamente, non está o monte Viso, en Soutomaior. Como fun hai 3 días a Soutomaior teño fotos e experiencias de pasar por un Monte Viso. Podedes ver nestas imaxes, como para subir ao Castelo de Soutomaior, desde a estrada, viña desde Pazos de Borbén, tes que subir polo bar-restaurante, a entrada ao castelo, seguindo camiños en espiral, chamados Bís, en celta.

Morrazo

Submitted by admin on Sat, 08/05/2023 - 12:14

A península do Morrazo non ten un nome relativo aos montes ou vales que a compoñen, senón ás persoas que viven alí.

Mor-rás-o. O seseo pode inducir a pensar que no resto de Galicia se pronunciaría Morrazo.

En celta Mór-rás, xa que o o final é unha latinización e non existe a letra z.

Boullón

Submitted by admin on Tue, 07/25/2023 - 17:04

Boullón pode dividirse en bo (vaca) u(traballa no) llón (lón fonte, río, rego ou provisión de auga)