Chamorro, non demasiado grande

Submitted by admin on Sun, 04/29/2018 - 14:35

O monte Chamorro, é un monte veciño a Ferrol que non é demasiado grande. Pero tampouco pequeno. Dentro da igrexa no cumio hai un petroglifo. Iso me contaron, pois eu non o vin... Hai unha romería na ermida no verán.

Na mitoloxía popular tratouse dun case afogado que grita que xa morro! e vai a ermida a celebrar a súa boa sorte, atribuída a Virxe de Chamorro... Na wikipedia galega non coñecen ese monte de Ferrol, pero si un do concello de Valdoviño. Outro afogado dicindo que xa morro? no medio do monte.

Apelido tamén famoso, sobre todo en Nicaragua.

Orar en min

Submitted by admin on Sat, 04/28/2018 - 15:00

Varias consideracións sobre esta palabra. Se a palabra fose referida á lectura, saberiamos que non era na primeira fase da lectura, xa que nela se lía unicamente en voz alta. Hoxe en día recoméndase a lectura en voz alta para os nenos pequenos, quizais seguindo un sistema que lembra a historia. Moitos gobernos e institucións recomendan as lecturas en voz alta en idade temperá, para nenos pequenos. Incluso temos un dia da lectura en voz alta que sinala o ministerio de educación.

Tui é celta, teitos de palla

Submitted by admin on Sat, 04/28/2018 - 12:23

O normal era que as casas dos castros fosen redondas e de teitos de palla. Como vemos nos Ancares e nas reproduccións en Sedes, Briteiros, Santa Tegra... Os teitos de palla de Tui debían ter algunha característica destacada. Hoxe en día, en Irlanda, ainda é posible ver teitos de palla nalgunha casa corrente.

no diccionario irlandés-castelán vemos que:

tuí • s paja f, techo de paja m

 

Está casa de Irlanda podería ser un modelo das casas de Tui hai 2000 anos ou antes.

Caga, outro falso irmán

Submitted by admin on Fri, 04/20/2018 - 10:55

Unha cantidade desproporcionada de topónimos galegos son así, caga, como se fose unha orde imperativa ou unha descrición de que "el caga". En principio soa extraño, non é claro en que situación a característica dos galegos de describir un lugar por unha propiedade estea ben recollida neste caso. Soa absurdo.

Agora ben, "caga" en celta son as "pegas". Así que eses lugares están descritos como lugares onde abundan as pegas. A diferencia de Cans, que un pode dubidar se é unha palabra celta ou non, en caga penso que non hai dúbida.

Cans

Submitted by admin on Fri, 04/20/2018 - 10:43

Hoxe os xornais falan do Festival de Cans

"O Festival de Cans chega a idade do pavo

O festival de cine máis rural de España cumpre este ano 15 primaveras. " .Di o correo galego.

Se lle preguntamos a calquera galego ou extranxeiro o seu significado diranos perros, dogs, ...