Teis, é quente

Submitted by admin on Fri, 03/23/2018 - 17:51

Por unha banda, temos is, dicimos is como en inglés (unha das moitisimas palabras que son simultaneamente do  inglés e celtas galegas). Por outra, estamos nunha situación semellante á que explicamos en "quente aquí" un monte, o monte da Guía en Vigo, ampara dos ventos da ría de Vigo, dando lugar a un mellor clima, a unha situación máis quente. Na foto vemos o monte da Guía e a zona de Teis pola falda e detrás do monte, amparado por el.

Chichi e chicha é celta

Submitted by admin on Mon, 03/19/2018 - 17:48

Acabamos de ver no número ou artigo anterior que Dá Chich na Morrigna significa As dúas tetas da Morriña (a raíña Morrigan). Así que Chich é teta, seno. Imos ver en castelá, en América Latina, se lemos

http://www.asihablamos.com/word/palabra/Chichi.php

Non hai unanimidade en América Latina, pero ou ben ten contido sexual, ou ben significa muller, neno, ou ben é directamente  seno, teta:

En Córdoba, Arxentina, chica; en Bolivia, noiva, noutros países bebé ou noiva

Lugar quente: quente aquí

Submitted by admin on Mon, 03/19/2018 - 11:33

No celta galego (cuxa antiguidade remóntase moi lonxe no tempo) éxiste unha obsesión por sinalar os lugares quentes, os lugares abrigados, os lugares que serven de refuxios). Hoxe chegamos ao chalet en inverno e poñemos a calefacción ou o radiador (e as veces no verán). No seu momento era unha cuestión de supervivencia saber e dar a coñecer eses lugares. No mesmo nome advertías da oportunidade de refuxio.

Morriña

Submitted by admin on Sun, 03/18/2018 - 12:32

Morriña é unha palabra celta galega. Emparentada co apelido británico Morrison (fillo dun gran rei)  e con Morrigan,(gran raíña).

Morrigan coma un corvo de batalla
Morrigan coma un corvo de batalla

A wikipedia inglesa fala de morrigna (morriña)

Darse morte

Submitted by admin on Sat, 03/10/2018 - 12:28

Guin é matar en celta. A cervexa Guinness é o asasinato de Ness (o monstro do lago?, é broma). Que é o que queda desa morte no galego actual?  Pois guindarse, que significa aforcarse, suicidarse, en resumo matarse de certo modo a un mesmo.

Dar morte

Submitted by admin on Sat, 03/10/2018 - 12:03

Nunha aldea da provincia de Lugo fálase de dar morte. En cal?

Desde logo o reclamo, o nome do lugar, non era moi atractivo, agás fose dar morte ás vacas, por exemplo. Estamos esperando que alguén novele a situación e  saibamos porque se daba morte: se a morte era produto dun xuizo, a morte dun heroe, unha batalla, unha pelexa pola amada, ou simplemente unha rifa, etc...

 

Maradona, tan malo

Submitted by admin on Tue, 03/06/2018 - 17:18

É un famoso apelido debido ao futbolista arxentino que así se chama, pero tamén, como é habitual con algúns apelidos galegos, existen topónimos Maradona en varios lugares de Galicia (que non os menciona a Galipedia, só existe o futbolista Maradona). 

Maradona, un apellido lucense - La Voz de Galicia Tamén fan diversas hipóteses sobre a orixe da palabra.

Hai outros lugares de Galicia, sen embargo, no que existe Maradona. Así que