Lugar quente: quente aquí

Submitted by admin on Mon, 03/19/2018 - 11:33

No celta galego (cuxa antiguidade remóntase moi lonxe no tempo) éxiste unha obsesión por sinalar os lugares quentes, os lugares abrigados, os lugares que serven de refuxios). Hoxe chegamos ao chalet en inverno e poñemos a calefacción ou o radiador (e as veces no verán). No seu momento era unha cuestión de supervivencia saber e dar a coñecer eses lugares. No mesmo nome advertías da oportunidade de refuxio.

Morriña

Submitted by admin on Sun, 03/18/2018 - 12:32

Morriña é unha palabra celta galega. Emparentada co apelido británico Morrison (fillo dun gran rei)  e con Morrigan,(gran raíña).

Morrigan coma un corvo de batalla
Morrigan coma un corvo de batalla

A wikipedia inglesa fala de morrigna (morriña)

Darse morte

Submitted by admin on Sat, 03/10/2018 - 12:28

Guin é matar en celta. A cervexa Guinness é o asasinato de Ness (o monstro do lago?, é broma). Que é o que queda desa morte no galego actual?  Pois guindarse, que significa aforcarse, suicidarse, en resumo matarse de certo modo a un mesmo.

Dar morte

Submitted by admin on Sat, 03/10/2018 - 12:03

Nunha aldea da provincia de Lugo fálase de dar morte. En cal?

Desde logo o reclamo, o nome do lugar, non era moi atractivo, agás fose dar morte ás vacas, por exemplo. Estamos esperando que alguén novele a situación e  saibamos porque se daba morte: se a morte era produto dun xuizo, a morte dun heroe, unha batalla, unha pelexa pola amada, ou simplemente unha rifa, etc...

 

Maradona, tan malo

Submitted by admin on Tue, 03/06/2018 - 17:18

É un famoso apelido debido ao futbolista arxentino que así se chama, pero tamén, como é habitual con algúns apelidos galegos, existen topónimos Maradona en varios lugares de Galicia (que non os menciona a Galipedia, só existe o futbolista Maradona). 

Maradona, un apellido lucense - La Voz de Galicia Tamén fan diversas hipóteses sobre a orixe da palabra.

Hai outros lugares de Galicia, sen embargo, no que existe Maradona. Así que

Praia amarela

Submitted by admin on Tue, 02/27/2018 - 21:50

Onde está a praia cuxo nome significa praia amarela? Pois unha, polo menos, está nunha zona rochosa na costa galega. Destaca a precisión de praia amarela (de area fina amarela). A explicación: nesa zona ese tipo de praias son escasas e o máis natural é que fosen de rochas, así que "amarela" distingue e localiza esa praia distinta. A descrición, en celta, dun lugar caracterizado por esa descrición. Non é posible que sexa unha casualidade.

Cal é o nome celta, e actual, que estamos a buscar?

 

O apelido Bua

Submitted by admin on Fri, 02/23/2018 - 11:34

Como algún xa estará pensando que cúmulo de casualidades nos está contando, imos falar do apelido Bua. Pois ben, en celta significa  victoria, gañar. Aquí temos por fin un termo militar. Unha máis do millón de  palabras celtas galegas prometidas, que non se poden deber a símple casualidade.

Visión do mundo. Romanos e polinesios.

Submitted by admin on Thu, 02/22/2018 - 14:48

O nome de Fisterra en celta era visión do mundo ou visión da Terra. Hai un problema de mentalidade asociado. Para un romano era natural chamalo Finis Terrae pois tiñan unha visión reducida do mundo. Fóra do Mediterráneo, do Mare Nostrum, os mares eran moi problemáticos e exemplo disto e que nin siquera se atrevían a cruzar o río Limia:

"a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto até a marxe esquerda do río Limia.