Sabariz

Submitted by admin on Sun, 01/08/2023 - 13:41

Foi un nobre Suevo que so vivía os sábados. É unha coña, claro. Pero supoño que a "tradución oficial" non se alonxará moito da que acabo de dar.

A Galipedia di nos homónimos

O topónimo Sabariz pode referirse a:

Landeira e un pouco de Landeiro

Submitted by admin on Sat, 12/31/2022 - 11:41

Se faladeiro significa que fala moito, di a RAG, unha palabra híbrida de dúas linguas; sería posible que se conservase a palabra celta máis canónica? Cal sería? pois algo así como deir lan ou lan deir-moito fala. A que existe na toponimia é Landeira e, en menor grao Landeiro coma podemos ver (76 en total):

Meimil

Submitted by admin on Wed, 12/28/2022 - 09:48

Vinno nunha caseta dun artesán na Praza de San Marcos en Lugo hai 2 días. Realmente non debe haber moitos topónimos con ese nome. No listado de toponimia aparecen 3 no mesmo lugar de Barreiros:

Deiro, Medeiro, Medeiros

Submitted by admin on Sun, 12/18/2022 - 13:18

Deiro é unha parroquia de Vilanova de Arousa. Ademais , deir aparece en case 5000 topónimos galegos, falando da súa universalidade. Algúns cun significado coma o que lle imos dar e outros non, -moitos proceden da terminación eiro, eira-. Xa tedes traballo para un ano, polo menos, se o queredes revisar. Os exemplos canónicos poderían ser Madeira (terminación eira), Medeiros (eu falo ou grupo dirixido de monllos).

Que é deir?

Díaz e Días

Submitted by admin on Thu, 12/15/2022 - 22:32

Eu ouvín a miña primeira lección sobre a orixe das palabras en 6º de Bacharelato nunha clase de Lengua e Literatura Española que impartía o Director, un salmantino, catedrático de Lengua Española, casado coa catedrática de Física e Química, navarra, que seguramente foi a impulsora do frontón navarro e cuberto onde xoguei os sete anos do instituto á pelota vasca.

Pacios

Submitted by admin on Thu, 12/15/2022 - 19:22

Hai abundantes Pacios en Galicia. Exactamente 137 no meu listado.

Nalgún lado creo lembrar que lin que viña de palacios (total so lle falta un la), coma pazos. Pero hai unha pequena dificultade nese razoamento. Resulta que non hai ningún Pacio, todos son Pacios. Ah, claro, é que habían neses lugares moitos palacios. Cales? reto a que se citen en cada lugar Pacios os Pazos que existan alí.